Só hai tres bombeiros dispoñibles en Santiago de Compostela, facendo imposible atender calquera incidente

Desde as 22 horas do domingo 26 de outubro até as 22 horas deste luns 27 de outubro o Parque de Bombeiros da capital galega está "inoperativo" pola falta de efectivos. 


|

MINUTO5
Foto: Xunta.gal

 

A noite do venres 24 de outubro foi especialmente movida no Parque de Bombeiros de Santiago de Compostela. En cuestión de poucos minutos as sirenas soaron sen parar para poder atender todas as emerxencias que se desataron de maneira simultánea na cidade. Desde o incendio na cociña do resturante A Pebida até o lume nunha das locomotares de tren na estación compostelá, a noite torceuse para os efectivos do equipo de extición, que se esforzaron en controlar estes dous complexos focos. Afortunadamente, todo isto sucedeu o venres e grazas á participación dos bombeiros de Brión, porque se chega a pasar hoxe, a historia sería ben distinta, pois existe a dúbida de si alguén atendería ás chamadas.

 

 

TRES EFECTIVOS PARA ATENDER A toda A CIDADE

Hoxe o Parque de Bombeiros compostelán está inoperativo "por falta de persoal". Así o denuncian os propios apagafuegos, que sinalan que por primeira vez en máis de 100 anos de historia "o Parque de Bombeiros de Santiago de Compostela, capital de Galicia, cidade Patrimonio da Humanidade e centro de peregrinación mundial", non conta cos efectivos suficientes e deixa á cidade "sen servizo de bombeiros operativo, deixando á súa sorte a veciños, visitantes e un patrimonio de valor incalculable".

 

O pano de fondo é a precariedade do servizo e as horas extras prestadas polos bombeiros, que acumulan xa once meses sen cobrar as extraordinarias, o que os levou a rexeitar prestar máis horas extra. No seu comunicado, os bombeiros subliñan que esta situación chega despois de "unha mala xestión prolongada no tempo" e da "falta de resposta ás reiteradas peticións de reforzo de persoal" nun persoal que, aseguran, "non conta cos medios nin cos efectivos necesarios".

 

 

Desde o Pazo de Raxoi aseguran que están a traballar para tratar de abonar canto antes os pagos pendentes e que este ingreso chegará no prazo dun mes, de maneira que na nómina de novembro quede resolta practicamente a totalidade da débeda. Ao tempo, desde o goberno municipal non esconden o feito de que, desde 2008, o parque está "infradotado". Nestes momentos, hai un proceso aberto para incorporar nove bombeiros máis, pero non parece que vaia completarse no que queda de ano.

 

230307 autobombas 006x
Camións de bombeiros na Cidada de Caultura de Santiago | Foto: Xuntal.gal

 

"Até cando vai durar esta irresponsabilidade? Hoxe Santiago está desprotexida", reprenden os bombeiros. Neste momento, e ata que entre a quenda das 22 horas, hai só tres efectivos no parque desde as 22 horas do domingo, un número insuficiente para atender ás incidencias. As cuasas das ausencias van desde os días libres até as baixas por enfermidade ou vacacións dalgúns membros do equipo. 


Sen unha resposta efectiva e inmediata na cidade, calquera incidente queda a mercé da resposta que poida chegar desde outras localidades próximas, como Padrón ou Brión, como xa ocorreu o pasado venres, mobilizados polo 112. No entanto, ao vir desde outros puntos da xeografía galega, o atraso na resposta pode ter consecuencias nefastas nalgúns casos.  

 

CRÍTICAS DO PP

Desde o Partido Popular de Santiago de Compostela cargaron duramente contra o Concello de Santiago pola situación que se vive no Parque ante "un feito sen precedentes". "Hoxe os veciños de Santiago non teñen garantida a súa seguridade", recalcou Olaya Otero na comparecencia deste luns ante os medios.

 

José Ramón de la Fuente non dubidou en cualificar de "dramática" a situación nestas instalacións pola falta de traballadores. "O número de bombeiros por quenda non cobre os mínimos esixidos no Plan de Emerxencias Municipal, que establece o número ideal en doce efectivos", lamentan desde o PP, á vez que puntualizan que non en todas as quendas alcánzanse eses algarismos, porque se deron casos en que tan só cinco efectivos compuxeron a quenda.

 

"Hoxe, 27 de outubro, na capital de Galicia, hai tres bombeiros e un policía local de rúa", sanciona de la Fuente. No suposto dun incidente, reiteran, sería necesaria a intervención de efectivos desprazados desde outros lugares de Galicia, como xa ocorreu hai dous días. 

 

 

"Santiago non conta cos recursos suficientes para atender as súas propias emerxencias", manifestan os populares, que estiman que "algo grave está a pasar" para atopar á capital neste escenario, enfatizándo que é produto da "irresponsabilidade" do Goberno compostelán, centrando en facer "anuncios" como o do acordo pola comarcalización do parque mentres se mantén a falta de pagamento das horas extra tanto a bombeiros como axentes da Policía Local, colectivo sobre o que tamén puxeron o foco pola falta de efectivos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE