Os veciños de Valdeorras, co servizo de auga cortada, poden abastecer no Polígono Industrial A Raña

O Consorcio de Augas de Valdeorras instalou unha fonte para axudar ante as restricións de auga polos incendios.


|

Agua a ru00faa
Foto: @g24noticias

 

O Consorcio de Augas de Valdeorras instalou unha fonte no Polígono Industrial A Raña e outra na parroquia de Viloira para que os veciños poidan ir encher as súas botellas con auga potable "con todas as garantías" e facer así fronte ás restricións de auga.
 


Unha medida que, explicou o alcalde do Barco de Valdeorras, Aurentino Alonso, foi proposta polo consorcio e pretende abastecer a quen queira utilizalas, sexa da comarca ou fóra dela. Aínda que, incidindo, naqueles concellos onde hai escaseza de auga potable.

De maneira complementaria, o Concello da Rúa reparte auga embotellada -- doada pola UME, Cruz Vermella e outros grupos empresariais -- para que todos os veciños teñan acceso a ela. Tal e como trasladou a alcaldesa María González a Europa Press centralizouse a entrega na antiga estación de tren.
 


En palabras de González, a repartición realízase porque "moito material dos incendios" depositouse nas zonas de captación de auga, polo que "hai que facer analíticas unha vez acabe o fume para saber se se pode consumir".

"Hai que tomalo con calma, foi unha catástrofe importantísima e ten as súas consecuencias", subliña.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE