O éxito son os nosos mozos

Redacción

Por que mellorar as condicións do emprego xuvenil? Nacións Unidas anunciaba en agosto deste ano que o número de mozos sen traballo crece en todo o mundo. A axencia especializada da ONU fai un chamamento aos países a atopar solucións de forma urxente. Un dos datos preocupantes é que menos de tres de cada dez mulleres novas en todo o mundo traballen.

 

No noso país, vemos como as políticas e medidas aplicadas por parte das administracións públicas han levado ao colectivo de mozos a sufrir precariedade laboral, e un “menosprezo” por parte dos gobernos que nos representan. Precariedade laboral, falta de expectativas, salarios irrisorios e un futuro incerto, é ao que se enfronta a nosa mocidade a día de hoxe. A non gratuidade nos estudos até a súa finalización universitaria, a imposibilidade dun traballo estable, dado o alto índice de precariedade, e unido a un aumento nos alugueres de vivendas, o que lles impide maioritariamente emancipar, fai o caldo de cultivo necesario para que exista unha precarización laboral da nosa mocidade. 

 

Formulacións como buscar a flexibilidade laboral, ten que entrar a debate. A nosa sociedade está a cambiar, os mozos de hoxe buscan compatibilizar a vida laboral e persoal. No contexto que actualmente nos movemos, a nosa sociedade cambiou a unha velocidade que as administracións coas súas estruturas organizativas non logran sacar partido das novas xeracións. 

 

Aumentar o investimento en educación, promover políticas económicas e uns programas de ensino gratuítos e de calidade, onde os estudantes poidan realizar unha aprendizaxe para adquirir habilidades e competencias para o seu futuro traballo, é o obxectivo que temos que marcarnos. Remarcando o que nos di a axencia da ONU, instando os países a aplicar medidas de política verde e azul, referidas ás que se relacionan coa creación de empregos ecolóxicos en terra e o mar, sostibles.


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE