Manifestación en Santiago en defensa dos servizos públicos
A manifestación ten lugar este sábado en Santiago ás 12:00 con saída da Alameda
Varios sindicatos convocaron para este sábado unha manifestación na cidade de Santiago de Compostela en defensa "da vida digna, a recuperación e o fortalecemento dos servizos públicos e a esixencia de medidas políticas que garantan o Estado de Benestar". A marcha endrá saída ás 12:00 da Alameda.
Entre os convocantes desta concentración están o Movemento Galego en Defensa dás Pensións e vos Servizos Públicos, a Plataforma Pensionistas Compostela, a Central Unitaria de Traballadoras, a Confederación Xeral do Traballo e o Sindicato Labrego Galego-Comisión Labregas, así como TReGa, FOANPAS, Vellez Digna, Plataforma SAF Galiza, Sindicato de Estudantes, Vos Ninguéns, Verdeval, e colectivos da Renda Básica.
Vizoso sinalou tamén que se está iniciando unha “onda de mobilizacións na que é fundamental a unidade das loitas dos traballadores fronte á intención das forzas políticas de non equilibrar os salarios e pensións co encarecemento do custo da vida, atacando frontalmente ás economías”.
Paco Castro Alvaredo, da Plataforma de Pensionistas Compostela, remarcou nesta liña a importancia de que, xunto aos especios reivindicativos que abarca cada sector, “haxa tamén un espazo de confluencia de todos estes procesos sectoriais”.
APOIO Ás TRABALLADORAS DO SAF
Pola súa banda, Isabel Vilalba Seivane, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, lembrou que as pensións das persoas no rural, “que normalmente han traballador en agricultura toda a súa vida, son das máis baixas do Estado”. “E as sucesivas reformas non fixeron máis que incrementar esta precariedade e esta p´ractica de capacidade adquisitiva”, reiteran desde o Sindicato.
Denunciou tamén, sobre os servizos básicos, que “coa escusa de que no rural hai cada vez menos poboación, están a suprimirse constantemente servizos sanitarios, educativos e de transporte, afectando estes recortes a moitas familias, especialmente ás mulleres, que é sobre as que recaen en maior medida as responsabilidades vinculadas aos coidados”.
Vilalba mencionou tamén ás traballadoras do SAF, o Servizo de Atención ao Fogar, sector que está en folga desde o pasado 2 de novembro. Avanzou que a manifestación do sábado busca tamén “reforzar a presión social para que se proceda á negociación dun convenio laboral que poña fin á vergoñosa precariedade na que desenvolven o seu traballo".
Sinalou, finalmente, a “preocupación” da sociedade ante a “deterioración da atención primaria e da sanidade” e que, afortunadamente, “está a ser contestado cunha gran reacción social”.
Iría Beiroa Otero, de CUT Galicia, quixo pór o foco na defensa dos servizos públicos. “Queremos que as pensións contributivas e non contributivas sexan un ben público, opómonos á súa privatización e esiximos que tanto estas como os salarios suban co #IPC, para que ninguén quede atrás”, indicou.
Miguel Ángel Cuña, de #CXT Galicia, expresouse nesta mesma liña, solicitando ademais que “todos os servizos públicos sexan sometidos ao control social e da clase traballadora”.
Escribe o teu comentario