Tocomocho, un clásico do timo, aínda funciona en Lugo, revelan detencións

A Policía Nacional ha detido en Lugo a tres persoas, integrantes do Clan San Segundo, acusados de realizar varias estafas co timo do 'Tocomocho', consistente en vender falsos billetes premiados de Lotaría.
 


|

Detenidas tres personas en Lugo acusadas de estafar vendiendo falsos billetes premiados de Lotería.
 


Tal e como apunta a Policía, neste timo, os estafadores enganan á victima con lotaría ou cupóns que presuntamente están premiados. O 'gancho', mostrando algún tipo de discapacidade física ou psíquica, ofrece estes boletos a un prezo moi inferior ao premio, mentres que outro membro do clan fai o intento de adquirilos para enganar á vítima e que este achegue diñeiro ou xoias para facer cos cupóns falsos.

A voz de alarma deuna unha cidadá de Lugo, que ía ser victima da estafa e que chamou inmediatamente á sala do 091, comunicando o feito. Os axentes puxeron entón en marcha un dispositivo para dar cos autores, que este ano realizaran catro estafas na cidade por un valor de varios miles de euros.

Froito deste operativo, a Policía interceptou o vehículo onde se trasladaban os autores das estafas. No seu poder atopáronse máis de 500 euros en metálico, xoias, sobres con emblemas de entidades bancarias, cartolinas e papeis para simular diñeiro, así como cupóns e boletos de lotaría caducados e non premiados que servían de señuelo para as estafas.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE