O incendio de Baleira se desboca alimentado polo fuerto vento e vai camiño das 100 hectáreas queimadas

En menos de doce horas queimou outras 50 hectáreas a pesar dun considerable dispositivo despregado con varios medios aéreos para combater as chamas.


|

Incendio en Baleira en una imagen de la Brigada de Marroxo
Incendio en Baleira nunha imaxe da Brigada de Marroxo

 

A consellería de Medio Rural acaba de actualizar a superficie queimada no incendio forestal que se orixinou na parroquia de Cubilledo, concello de Baleira, en Lugo. Onte antes do anoitecer eran unhas trinta hectáreas as queimadas, agora son xa 80.

 

 

Hai que ter en conta que o norte de Galicia atópase en aviso amarelo por fortes ventos. Os refachos son uns dos factores que axudan a desbocarse aos incendios. Este factor non parece que vaia mellorar a curto prazo. 

 

 

 

A alerta amerilla no norte de Lugo por ventos de até 80 quilómetros hora non está previsto que se desactive até o anoitecer do mércores. Afortunadamente, para o xoves espérase vento con menos forza.

 

 

 

As chamas empezaron na parroquia de Cubilledo ao redor das 17,00 horas deste martes. A Xunta mobilizou un importante dispositivo, en parte grazas a que non hai outros incendios de consideración activos. Entre outros acudiron as brigadas heliotrasportadas da BRIF de Laza do Ministerio e a brigada aerotransportada con base Marroxo, dependente da Xunta.

 

 

O de Baleira vai camiño de ser o segundo incendio de consideración deste ano. Un inverno con abundantes precipitacións evitou até agora os lumes devastadoras doutros invernos.

 

Con todo, este mes xa houbo un incendio de 20 hectáreas en Cualedro, en febreiro outro de tamaño similar na Gudiña e un grande, de máis de 100 hectáreas no Parque Natural do Xurés

 

 

 

 

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE