Atopan o cadáver dun home, en avanzado estado de descomposición, no río Miño, ao seu paso por Lugo
O cadáver dun home foi achado na noite do martes na canle do río Miño ao seu paso pola parroquia de Counturiz, no concello de Lugo.
O corpo foi divisado na noite do martes, ao redor das 22:50 horas, na canle do río no seu paso pola cidade amurallada.
O corpo, moi descomposto -o que indicaría que leva moito tempo na auga-, non conta con documentos que axuden á súa identificación.

O cadáver dun home foi achado na noite do martes na canle do río Miño ao seu paso pola parroquia de Counturiz, no concello de Lugo.
Segundo informaron fontes policiais, o corpo foi achado ás 22,50 horas e ao lugar desprazáronse axentes da Policía Local, da Policía Nacional, así como os bombeiros.
Estas fontes indicaron que o corpo está en avanzado estado de descomposición e non conta con ningún tipo de identificación. Así, foi trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti para realizar a autopsia para determinar as causas do falecemento, así como as probas oportunas para dar coa súa identidade.
Escribe o teu comentario