(VÍDEO) Ecoloxistas en Acción denuncia as técnicas “propias de ‘a Purga’” do Concello de Ourense para controlar os estorniños
A plataforma denuncia que as prácticas empregadas poñen en risco a vida doutros animais e mesmo das mascotas, podendo provocarlles a morte.
A plataforma denuncia que as prácticas empregadas poñen en risco a vida doutros animais e mesmo das mascotas, podendo provocarlles a morte.
O Concello de Ourense celebra que, desde 2019, a empresa encargada do control logrou reducir o número de exemplares de 35.000 a pouco máis de medio milleiro.
Punteiros laser, luces de alta intensidade, un ruído intenso e atroz… Todo vale na loita do Concello de Ourense contra os estorniños, un ave que se converteu nunha molestia para o Goberno municipal e para a que Ecoloxistas en Acción emitiu unha denuncia polas prácticas que a administración auriense está a levar a cabo.
A plataforma denuncia que o sistema empregado “aterroriza non só aos estorniños, senón tamén á cidadanía”. “Máis ben parece unha secuencia de ‘A Purga’”, considera a organización.
“Consideramos unha barbarie esta acción xa que non só espanta a estas aves, senón a absolutamente todas, xa que este método non é selectivo”, critican desde Ecoloxistas en Acción. Ao tempo, recalca que este métodos “pode causar graves problemas e molestias aos animais das nosas casas, xa que este ruído causa pavor a cans e gatos”.
Nesta liña, enumera que pode causar ansiedade, condutas obsesivas e nerviosismo. “En casos extremos pode producir a morte”, subliñan sobre un método polo que cuestionan a súa eficacia.
DE 35.000 EXEMPLARES A MEDIO MILLEIRO
A campaña para o control da especie comezou hai uns días e prolongarase ata marzo de 2023.
Desde o Concello celebran a eficacia da mesma nos últimos anos, que logrou reducir a poboación de 35.000 exemplares ao medio milleiro actual, a maioría autóctonos.
Foi sempre a mesma empresa a que se encargou deste control. O uso de aguias para espantar ás aves é tamén habitual nestes casos.
Escribe o teu comentario