Mercadona inviste 150 millóns de euros en rebaixar o prezo dos seus produtos

Produtos como o pan, a pasta, o peixe ou o aceite benefícianse desta medida pensada para os clientes de Mercadona.


|

Personas en una tienda

Descripción generada automáticamente
Foto: Mercadona

 

A inflación galopante está a afectar ao peto de todos os españois. O contexto de incerteza económica percíbese tanto no aceite de olivca como na carne ou o pascado. A cesta da compra encareceuse e desde Mercadona, consciente do esforzo que supón encher o carro para moitas familias, puxeron en marcha unha serie de medidas que requiren dun investimento de 150 millóns para que os clientes dispoñan do mellor prezo posible.

 

Así, segundo sostén a cadea de supermercados, a baixada de prezos afecto a máis dun milar de produtos só neste 2024. Desde Mercadona sinalan que "sen tocar a calidade" os compradores poden notar "un aforro de até 150 euros anuais na súa cesta da compra". "Estes esforzos, necesarios para os fogares que confían diariamente en Mercadona, contribúen a ofrecer un carro menú cunha gran calidade ao mellor prezo posible do mercado", destacan. 

 

Desde o pan ou a pasta até o aceite virxe extra -no conxunto das gamas de aceite a rebaixa dos supermercados de Mercadonas é do 14% de media-, os "xefes" dos establecementos, que é como se refiren na firma aos seus clientes, poden adquirir produtos a un prezo moito máis baixo. 

 

A rebaixa non podería facer "sen os esforzos en produtividade, rendibilidade e xestión que están a realizar os 104.000 traballadores e os 3.000 provedores, porque só desta forma faise sostible para toda a cadea o poder baixar os prezos sen tocar a calidade", sostén José Manuel Burguera, director de estratexia de prezos do Departamento de Compras e Prescrición.

 

"A compañía continuará reforzando a súa cadea de montaxe para detectar oportunidades de mercado xunto cos provedores e interproveedores especialistas cos que colabora", subliñan. 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE