A Xunta coñece de cerca o desenvolvemento dos proxectos innovadores que impulsan Cetaqua e Viaqua

Entre as novidades da xornada está a posta en marcha de AQUARGA, unha iniciativa desenvolvida no Centro Mixto. 


|

WhatsApp Image 2024 07 12 at 13.35.17
Foto: Viaqua

 

Este venres déronse cita no Ecofactoría de Ourense xestionada por Viaqua autoridades políticas e empresariais para seguir con atención os avances do Centro Mixto de Investigación CIGAT Circular dentro dos proxectos que vén desenvolvendo Cetaqua Galicia nestas instalacións punteiras.

 

Entre os convocados destacan Román Rodríguez, conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Nicolás Esmorís, director de Viaqua, Teresa Alvariño, xerente de Cetaqua Galicia, ou Carmen Cotelo Queijo, directora da Axencia Galega de Innovación(Gain), onde avaliaron, entre outras cousas, o resultado da evolución das Unidades Mixtas CIGAT (2015-2018) e CIGAT BIOFACTORÍA (2018-2021), plans que xorden da colaboración entre Viaqua e Cetaqua-Centro Tecnolóxico da auga "co financiamento da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación".

 

WhatsApp Image 2024 07 12 at 13.35.36
Foto: Viaqua

 

Esmorís foi o encargado de presentar este modelo pioneiro na colaboración público-privada con máis dunha década de percorrido tras a alianza entre Viaqua, a #USC e o #CSIC "co propósito de crear novas solucións de I+D+i que garantan a sustentabilidade e eficiencia do ciclo da auga, tendo en conta as necesidades da comunidade galega".

 

"Viaqua e Cetaqua traballan cara a descarbonización de Galicia a través da transformación de depuradoras a ecofactorías, impulsando a recuperación e a valorización dos recursos, como se está facendo na Ecofatoría de Ourense", apuntou o director de Viaqua. Alvariño, pola súa banda, detallou os ámbitos de innovación nos que vén traballando o centro, enfocado en camiñar cara á descarbonización e a sustentabilidade a través de, entre outras propostas, a dixitalización do ciclo da auga, sendo os sistemas máis eficientes e actualizados. 

 

"Cetaqua Galicia actúa como catalizador de talento: actualmente integran o centro tecnolóxico 28 profesionais, dos cales once son doutores e cinco están a realizar o seu doutoramento industrial en colaboración xunto á Universidade de Santiago de Compostela", agregou Alvariño. 

 

PRESENTACIÓN E AQUARGA

A presentación do Centro Mixto de Investigación CIGAT Circular, que conta con financiamento do Goberno de Galicia a través de Gain, busca "contribuír á transición ecolóxica e dixital grazas á promoción de estratexias para a descarbonización da industria e á aplicación de modelos de negocio circulares no territorio galego", sinala a compañía. 

 

Na xornada puidéronse contemplar os resultados desta iniciativa, como son os bioproductos de alto valor engadido que chamaron a atención dunha boa parte do tecido empresarial da comunidade, que segue con atención os avances desta Ecofactoría auriense. 

 

Este centor mixto é, para o conselleiro Rodríguez, unha proba do éxito das iniciativas público-privadas e de como obxectivos como a economía circular e a sustentabilidade son alcanzables grazas a propostas que resultan, nas súas palabras, unha liña estratéxica como é esta alianza entre un organismo de investigación e unha empresa co obxectivo de" desenvolver conxuntamente actividades de I+D+i en ámbitos prioritarios para Galicia", ademais da súa contribución para impulsar talento e formar profesionais altamente cualificados.

 

WhatsApp Image 2024 07 12 at 13.35.36 (1)
Foto: Viaqua

 

"Ademais, deuse a coñecer en primicia o que será o primeiro Punto de Recarga de Auga Rexenerada da comunidade galega, AQUARGA, desenvolvido no marco do Centro Mixto co obxectivo de facer fronte á escaseza hídrica e mellorar a resiliencia dos territorios", conclúen desde Viaqua. 
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE