Estas son as empresas galegas que deben a Facenda máis de 600.000 euros
Os sectores da construción, a inmobiliaria e a enerxía son as que máis abundan na listaxe que a Axencia Tributaria ha publicado este venres
Este venres a Axencia Tributaria publicaba un lista cos debedores máis grandes do país, aqueles que debían ao fisco máis de 600.000 euros. Nesta lista atopámonos con nomes como o exárbitro de fútbol José María Enríquez Negreira. Outros desaparecían da lista de 2022, como é o caso de Samuel Eto'o, Kiko Matamoros ou Rodrigo Rato.
Pero que hai dos debedores galegos? A maioría son empresas e case todas deben máis dun millón de euros. Ademais, a lista atópase practicamente igual que en anos anteriores. Das tres empresas que máis débeda acumulan, dúas pertencen ao sector da construción. Trátanse de Eppat S.L., situada en Oleiros , cunha débeda de case 8 millóns de euros, e Galega de Moenda de Clinker S.L.#U., en Coirós , cunha débeda de máis de 6 millóns e cuxos directivos están condenados a penas de prisión por fraude fiscal. En segundo posto, atópase Clesa, unha empresa do sector da alimentación de Caldas de Reis, que debe a Facenda máis de 6,5 millóns de euros.
Como gran novidade nesta listaxe atopámonos con Editorial Compostela S.A., o grupo da cabeceira O Correo Galego, que este ano foi adquirida polo Grupo Prensa Ibérica, que edita tamén os diarios A Opinión e Faro de Vigo. A súa débeda coa Axencia Tributaria roza o millón de euros. Esta trátase da única empresa galega do sector dos medios de comunicación que se atopa nesta lista de morosos.
CONSTRUCIÓN, INMOBILIARIA E ENERXÍA
O sector da construción, da inmobiliaria e da enerxía son os que máis abundan nesta listaxe. Entre o primeiro grupo atópanse as citadas Spaat e Galega de Moenda de Clinker, dedicadas respectivamente á construción de buques e aeronaves e á produción de cemento, acompañadas de Construcións Mon, Inalcuba e Acerías As Pontes.
As empresas do sector inmobiliario pola súa banda acumulan débedas de varios millóns de euros, entre as que se atopan Martinsa-Fadesa S.A. (con case 6 millóns de euros de débeda) e Cinur (con máis de 3 millóns). Por outra banda, convén citar as empresas do sector da enerxía, como a Energal, cunha débeda superior aos 5,9 millóns de euros, e Carburantes Noroeste, con ao redor de 3,5 millóns.
UN PARTICULAR ENTRE Os GRANDES DEBEDORES GALEGOS: MARIO CONDE
Entre estes debedores un dos máis grandes é unha persoa particular, o xa coñecido Mario Antonio Conde Conde, cunha débeda millonaria con Facenda e ostentando en título dun dos grandes debedores. En 2021 esta débeda era de 7,8 millóns de euros. Este 2022, o informe que publica a AEAT desvélanos que a débeda de conde viuse reducida a algo menos de 6,4 millóns de euros.
O exbanquero natural de Tui foi un dos presidentes de banca máis novas de todo o século XX, condenado a vinte anos de prisión por delitos de estafa e apropiación indebida dentro do coñecido como caso Banesto e que sosteñen unha débeda con Facenda desde fai case 20 anos. Aos 38 anos de idade fíxose primeiro accionista do Banco Español de Crédito, aínda que a súa carreira empresarial viuse truncada cuadno o Tribunal Supremo condenoulle pola súa participación neste escándalo financeiro.
Escribe o teu comentario