A ONCE premia á startup galega Mentiness co galardón ‘Reto ONCE Innova Emprendedores 2022’

A startup afincada en Santiago de Compostela, con apenas un ano e medio de percorrido, logrou o recoñecemento da ONCE polo seu compromiso coa saúde mental dos traballadores.

 


|

A startup afincada en Santiago de Compostela, con apenas un ano e medio de percorrido, logrou o recoñecemento da ONCE polo seu compromiso coa saúde mental dos traballadores.

 

"O noso proxecto consiste en medir o nivel de benestar dos empregados e axudar ás organizacións para identificar os posibles problemas de saúde mental que afecten ao persoal", resume o seu fundador, Javier Serrano.

 

Javier Serrano, Mentiness
Javier Serrano, Mentiness | Foto: ONCE

 

A saúde mental é un dos aspectos que máis debe coidar a sociedade actual. Esquecida tantas veces, cada vez son máis as empresas que empezan a prestar atención ao peso e o valor da saúde mental, estreitamente relacionada coa produtividade e o rendemento dos empregados. Parece lóxico pensar que un traballador feliz e libre de estrés pode achegar moito máis que un insatisfeito, pero non todas apostan por un modelo que enfoque o problema. É o caso da statup galega Mentiness, plataforma de avaliación do nivel de benestar dos traballadores de empresas con indicadores sobre estrés, satisfacción persoal e laboral e o estado da organización a través de formularios, recoñecida pola ONCE polo seu labor.

 

A ONCE haa condecorado co premio na modalidade ‘Enriquecemento e transformación dixital do posto de traballo' na ONCE do galardón ‘Reto ONCE Innova Emprendedores 2022’. Mentiness “inclúe unha oferta de formación personalizada sobre temáticas de saúde mental e benestar, xunto cun equipo de psicólogos especializados”, subliña a ONCE, que tamén premiou á granadina Tifloactiva na categoría de ‘Mellora da calidade de vida das persoas cegas e con discapacidade visual’. 

 

"UN ECOSISTEMA DE EMPRENDEMENTO DE INNOVACIÓN INCLUSIVA"

A firma galega impúxose a outras dúas empresas finalistas na súa categoría e foi recoñecida polo xurado entre as 70 propostas presentadas nesta II Edición do premio impulsado pola ONCE “para promover un ecosistema de emprendemento de innovación inclusiva”.

 

Javier Serrano, fundador da startup compostelá que apenas conta cun ano e medio de vida, indica que “a saúde mental é un aspecto vital ao que non sempre se presta a debida atención”. 

 

“O noso proxecto consiste en medir o nivel de benestar dos empregados e axudar ás organizacións a identificar os posibles problemas de saúde mental que afecten ao persoal. Grazas á ONCE poderemos ademais adaptar toda a nosa tecnoloxía para chegar a miles de persoas con discapacidade visual”, apostila.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE