A Xunta presentará en Nova York a Galicia como "destino verde"

Segundo datos do INE, o turismo procedente de Estados Unidos constitúe o segundo mercado estranxeiro en importancia da comunidade no segmento de aloxamento hoteleiro, cun peso do 12,3% do total.
 


|

Archivo - Nueva York
 

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, viaxará esta semana a Nova York para presentar o destino España Verde e manter diversos encontros co obxectivo de promocionar o destino Galicia ante o mercado estadounidense.

En concreto, a Xunta indicou nunha nota de prensa que a viaxe se desenvolverá entre o mércores 19 e o xoves 20, cunha axenda de actividades que inclúe a presentación da marca España Verde ante unha selección de operadores turísticos do país norteamericano, no marco dunha xornada organizada por Turespaña.

Previo a este encontro, Xosé Merelles reunirase co director da Oficina Española de Turismo (OET) en Nova York, Magí Castelltort Claramunt.

Doutra banda, o xoves reunirase co CEO da Hispanic Society of America, Guillaume Kientz, para asinar un novo convenio de colaboración. Posteriormente reunirase con Jennifer Tombaugh, CEO da compañía Tauck Travel, un dos principais operadores estadounidenses especializados en itinerarios polas rutas xacobeas.

Ademais, o director de Turismo de Galicia aproveitará para presentar entre outras iniciativas, o produto Galicia Spa PIlgrimage, que une o termalismo coas rutas xacobeas, co obxectivo de "impulsar a desestacionalización e fortalecer o posicionamento internacional de Galicia".

Segundo datos do INE, o turismo procedente de Estados Unidos constitúe o segundo mercado estranxeiro en importancia da comunidade no segmento de aloxamento hoteleiro, cun peso do 12,3% do total.

Así, entre xaneiro e agosto de 2025 rexistráronse 156.140 viaxeiros de orixe estadounidense aloxados nos hoteis e pensións de Galicia, un 13,4% máis que no mesmo período de 2024. En total, realizaron 231.325 pernoctaciones, un 8,7% máis, tal e como subliñou a Xunta.

Neste contexto, lembrou que a partir de maio de 2026, comezará a funcionar unha conexión directa entre Santiago de Compostela e Nova York, operada por United Airlines. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE