Rueda busca abrir o mercado británico a produtos galegos e atraer turismo
O presidente da Xunta reuniuse co embaixador do Reino Unido na Toxa
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse, no marco do Foro A Toja que se celebra no Grove, un encontro co embaixador do Reino Unido en España, Alex Ellis, para tratar ámbitos relacionados co impulso ao turismo, as relacións comerciais e os intereses para o sector pesqueiro galego nese país.
Na reunión, remarcou que, a pesar dos desafíos do Brexit, as empresas galegas reforzaron a súa estratexia de internacionalización e mantiveron a competitividade nese mercado.
Desta forma, segundo indicou a Xunta, de xaneiro a xullo de 2025, Galicia exportou ao Reino Unido un 10,7% máis que o mesmo período do ano anterior.
Este mercado británico presenta oportunidades para empresas de sectores como a automoción e compoñentes, agroalimentario e bebidas, moda e téxtil, naval, e enerxías renovables e transición verde. Na reunión, tamén abordaron a importancia dos caladoiros británicos para a flota pesqueira galega.
Ademais, o presidente da Xunta convidou ao embaixador a visitar Galicia no próximo Xacobeo 2027, no que xa traballa o Executivo galego.
Escribe o teu comentario