A Intelixencia Artificial xa ten casa na Coruña, a AESIA arrinca nun momento clave
Estados Unidós está intimindando á Unión Europea en varias frontes, non só con tarifas. Donald Trump quere que Bruxelas non impoña regulacións á IA, sector que lidera as empresas norteamericanas. Regular a Intelixencia Artificial é, prescisamente, un dos labores da Axencia Española de Intelixencia Artifical (AESIA), que celebrou hoxe a súa primeira reunión na Coruña.
Segundo anunciou o Ministerio de Transformación Dixital, a AESIA comezará a operar en breve desde a reformada Casa Veeduría, inmoble rehabilitado con fondos públicos, parte deles municipais. Hoxe celebrouse unha reunión do Consello Reitor na Coruña á que acudiu o ministro e a alcaldesa Inés Rey. A sede final estará no Edificio A Terraza, na mariña do centro da Coruña.
O inmoble, de máis de 3.800 metros cadrados, contará con centro de día, sala de exposicións, cafetaría, zona de xogos, sala de estudo, auditorio e espazo para unha nova incubadora de empresas.
O Estado explica que a creación desta axencia responde á necesidade de establecer un marco regulatorio sólido que garanta o uso ético e seguro da Intelixencia Artificial (IA), unha tecnoloxía que está a transformar sectores como o xornalismo, a saúde, a educación, a industria e os servizos públicos.
A AESIA encargarase de supervisar que os sistemas de IA cumpran cos estándar éticos e legais. Unha tarefa crave, nun momento que aumenta a polémica sobre como regular esta ferramenta, con Estados Unidos metendo presión a Europa para que non impoña restricións.
Un organismo crave para o futuro dixital
A AESIA non só actuará como un órgano de control, senón tamén como un impulsor da IA en España. Entre as súas funcións destacan a elaboración de normativas específicas, a certificación de sistemas de IA, a promoción da investigación e a formación de profesionais neste campo. Ademais, a axencia colaborará con outras institucións europeas para aliñar as políticas españolas coas directrices da Unión Europea, que xa está a traballar na súa propia regulación sobre IA.

O ministro de Transformación Dixital, Óscar López, destacou que a AESIA será un alicerce fundamental para garantir que España non quede atrás na revolución tecnolóxica. Na súa intervención, Escrivá subliñou a importancia de que o país conte cunha axencia que "protexa os dereitos dos cidadáns mentres fomenta a innovación e o crecemento económico".
Choque entre Estados Unidos e a Unión Europea a conta sobre como pór límites á IA
O goberno de en Estados Unidos e a Unión Europea (#UE) manteñen posturas radicalmente opostas sobre a regulación da intelixencia artificial (IA). Mentres a UE ha implementado un marco regulatorio estrito, como a Lei Xeral de IA —aprobada en 2024 e vixente desde 2026—, que clasifica os sistemas segundo o seu risco e esixe transparencia e avaliacións de seguridade, a administración.
Trump optou pola desregulación. Trump derrogou a orde executiva de Joe Biden, que establecía medidas voluntarias para supervisar a IA, argumentando que freaba a innovación e favorecía unha "ideoloxía de esquerdas". Ademais, o seu goberno promove un enfoque baseado na competitividade global, priorizando o investimento en infraestrutura tecnolóxica —como o proxecto Stargate, con 500.000 millóns de dólares— e colaboración con empresas privadas.
A UE, pola súa banda, insiste en equilibrar innovación con protección de dereitos fundamentais. As súas normas buscan previr discriminación, garantir privacidade e evitar usos perigosos da IA, como deepfakes ou sistemas de vixilancia masiva. En contraste, a administración Trump criticou estas regulacións como "excesivas" e acusou a Europa de obstaculizar o progreso tecnolóxico. O vicepresidente JD Vance advertiu no cume de París que a "sobrerregulación" podería "matar" o sector emerxente da IA, defendendo un modelo que evite "rumbos ideolóxicos" e priorice a liberdade de expresión. Mentres a UE mobiliza 200.000 millóns de euros para IA con enfoque ético, Trump aposta por unha estratexia militarizada, impulsando drones autónomos e ciberseguridad.
As diferenzas tamén reflicten prioridades xeopolíticas. A UE busca contrarrestar o avance de China e Estados Unidos con regulacións que aliñen a IA con valores democráticos. Trump, en cambio, ve a China como unha ameaza directa e prioriza superala mediante innovación acelerada, incluso relaxando controis. Critica as normativas europeas e estadounidenses anteriores por "prexudicar" ás empresas occidentais fronte ao xigante asiático. Esta diverxencia non só marca un choque regulatorio, senón tamén unha disputa polo liderado global nunha tecnoloxía que definirá o século XXI.
Escribe o teu comentario