Acordo histórico coa Xunta para mellorar as condicións económicas e sociais dos vixiantes de seguridade

A Federación de Traballadores da Seguridade Privada da Unión Sindical Obreira (FTSP-USO) celebra este acordo coa administración galega que supón un paso crucial para a mellora das condicións dos profesionais da seguridade privada. 


|

Imagen de recurso de vigilantes de segurida
Imaxe de recurso de vixiantes de seguridade

 

Un exemplo para outros gobernos rexionais. Así definiron desde a Federación de Traballadores de Seguridade Privada da Unión Sindical Obreira (FTSP-USO) o acordo alcanzado coa Xunta de Galicia para aplicar unha serie de melloras en aspectos como o salarial e o social para o persoal de seguridade dos edificios administrativos de toda a comunidade galega. Supón un paso para afianzar os dereitos dos vixiantes de seguridade e o "inicio dun xusto recoñecemento ao traballo dos profesionais do sector". 

 

O sindicato trasladou a súa felicitación á Xunta por este "acordo ejemplarizante para outras Administracións Públicas". A publicación no Diario Oficial de Galicia (#DOG) do texto pactado supón a consecución dunha serie de reivindicacións que afectarán a máis de 270 vixiantes de seguridade que prestan servizos en edificios administrativos do Goberno de Galicia. 


"A FTSP-USO levou a iniciativa, sendo ratificado no AGA polo resto de centrais sindicais", indica o sindicato, á vez que celebra que os traballadores beneficiados por este pacto "verán ampliados os dereitos e condicións do seu convenio colectivo".
 

COMPLEMENTO EN NADAL, REDUCIÓN DE XORNADA, PROTECCIÓN Á MATERNIDADE...

O documento publicado no DOG incorpora todos os distintos puntos deste acordo histórico, onde se inclúen artigos sobre a redución da xornada anual, máis días de licenzas retribuídas ou un complemento de Nadal, a maiores das pagas extras xa recollidas no convenio colectivo. A continuación, no relativo a máis melloras sociais, inclúense disposicións como unha maior protección á maternidade, o incremento de axudas para fillos e/ou cónxuxe afectados por discapacidade ou unha ampliación de porcentaxes de cálculo en incapacidades temporais.

 

 

Para Iván Blanco, secretario de organización da FTSP-USO, o acordo, ademais de "ejemplarizante", debe supor un punto de partida "se se queren empezar a facer ben as cousas e dar un xusto recoñecemento aos profesionais do sector". "Toca felicitar á nosa representación sindical nestes centros e aos responsables da Xunta de Galicia que fixeron posible culminar con acordo as nosas reivindicacións", conclúe.

 

Images
Foto: Xunta.gal


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE