A Xunta "non se nega" a declarar zonas de vivenda tensionadas, pero pasa o tema aos concellos

Cando se aprobou a Lei de Vivenda, o Goberno do Partido Popular de Galicia xa anunciou que ía pór todos os impedimentos que estivesen coa súa man para traballar esta iniciativa estatal que busca pór límites aos alugueres. 


|

La vicepresidenta segunda y conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funciones, Ángeles Vázquez, atiende a los medios de comunicación antes de reunirse con empresarios de A Sionlla, en Santiago de Compostela.
 

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, asegurou que a Xunta "non se nega" á declaración de zonas de aluguer tensionado, aínda que "non o vai a facer de oficio", e pediu aos concellos que "avalen con documentos" a solicitude.


Así se manifestou a preguntas dos medios este luns nunha visita ao Biopolo da Sionlla, onde apuntou que de Santiago de Compostela non lles chegou ningunha solicitude e da Coruña chegoulles "unha instancia" á que solicitaron documentación que, tal e como asegurou, "aínda" non chegou ao departamento autonómico.

Sobre a postura da capital galega, Anxos Vázquez insistiu en que "o que ten que facer a alcaldesa", Goretti Sanmartín, é "traballar". "Se ela quere dar resposta ao mercado tensionado, o primeiro que ten que facer é solicitalo. Non hai solicitude na Xunta, non existe instancia nin solicitude, o único que existe é unha declaración de intencións que se fai a viva voz", criticou.

Así mesmo, Anxos Vázquez reiterou que "hai que cumprir a lei", que pode parecer "máis ou menos estrita". Con todo, afirmou que estas normativa "consecuencias boas non vai ter ningunha".

ANÁLISE
Neste contexto, sinalou que o que ten que facer cada concello é "analizar que zona quere declarar como zona tensionada". Para iso, detallou, "ten que saber o número de grandes tenedores nesa zona, e só naqueles pisos ou vivendas que levan máis de 5 anos sen alugar pódeselles topar o prezo".

Tamén lembrou que hai que "perimetrar", facilitarlle á Xunta esa información e "planificar ao longo duns anos como lle vai a dar solución", así como "destinar o 20% de solo público a vivenda pública". "Iso é o que teñen que facer, non sei si parécelles complicado ou non", aseverou.

Nesta liña, avanzou que no caso de Galicia "menos do 5% son grandes tenedores", mentres que "o 95% restante son persoas do montón, dos cales dese 95% o 35% dos propietarios de pisos que alugan son xubilados".

A partir de aí, opinou, o que hai que facer é "dar seguridade xurídica, para que aqueles pisos que están buxán poidan saír a alugar". É nese punto no que a vicepresidenta segunda entende que hai que "traballar, profundar e axilizar as licenzas para que os promotores non estean dous ou tres anos sen poder construír".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE