Galicia mantén unha débeda moderada de tan só un 17,4% a pesar das crises

A comunidade galega ostenta o sétimo posto de entre os países que menos débeda autonómica teñen no ano 2022


|

Segundo publicou o último observatorio de BBVA Research, as crises dos últimos 15 anos provocaron nas comunidades autónomas un aumento do endebedamento, ata que no pasado ano alcanzouse un máximo histórico. 2022 pechou cunha débeda de máis de 316.700 millóns de euros, o que supón un 23,9% do PIB.

 

Destas, as máis endebedadas con respecto ao seu #PIB son a Comunitat Valenciana, Castela-A Mancha e Catalunya, todas elas con máis dun 35% de débeda. Estas comunidades, de feito, triplican a débeda das que a teñen máis baixa. No outro lado, atopámonos con Navarra , Canarias, País Vasco e Madrid, cunha débeda por baixo do 14%. Galicia, pola súa banda, atópase na sétima posición por abaixo, polo que atoparía nunha posición favorable respecto da media estatal.

 

 

EVOLUCIÓN DA DÉBEDA

Os instrumentos utilizados polas comunidades autónomas para o financiamento cambiaron nas últimas décadas, debido á evolución das condicións dos mescados. Por unha banda está a emisión de valores, que entre 1995 e 2011 representaba un 47% da financión, fronte ao 53% dos préstamos. Doutra banda, en 2012, o peche dos mercados provocado pola crise financeira restou a importancia destes instrumentos de financiamento.

 

O Fondo de Liquidez Autonómica (FLA) forma actualmente parte dos mecanismos que os Gobernos rexionais teñen da man do central para facilitar a liquidez ás comunidades autónomas. De feito, actualmente este supón un 59% da débeda pública a nivel estatal, fronte ao 14% de dos valores emitidos no mercado. No caso de Galicia, este fondo supón actualmente menos do 30%, pero noutras comunidades como Catalunya ou a Comunitat Valenciana, este supón máis do 80%.

 

A débeda galega ha sufrido unha variación desde o ano 1995. Este ano, sen o FLA, case o 70% da débeda proviña dos préstamos e o resto dos valores emitidos ao mercado. No ano 2019, a débeda procedente do FLA xa pasou a ser mayoritaría, alcanzando case o 50% do total da débeda.

 

O caso galego é un máis no aumento de débeda. A pesar de que é das máis baixas de España non se quedou atrás dentro dunha evolución desfavorable nos últimos anos. No ano 1995 a súa débeda era de tan só un 8,30% do #PIB, aumentando unhas décimas de punto cadaa ano. Até chegar á crise do 2008, cando esta débeda creceu moito máis rápido até alcanzar a actual de 17,8%, unha débeda que supón 4,436 euros per cápita. Isto é, unha débeda total de 11.977 millóns de euros.

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE