As solicitudes para o Bono Concilia da Xunta para o coidado de nenos de até 12 anos abren este mércores
A Xunta abrirá este mércores e até o 15 de setembro o prazo de presentación de solicitudes do Bono Concilia Familia, as axudas da Consellería de Política Social e Xuventude para financiar o coidado de nenos de até 12 anos, incluídos os desta idade.
O prazo para as solicitudes desta liña de axudas abre este 5 de xullo e permanecerá aberto até o próximo 15 de setembro.
Poderán ser beneficiarios deste programa as nais, pais, titores legais ou responsables de acollida ou garda con emprego que teñan ao seu cargo nenos de até 12 anos.

A Xunta abrirá este mércores e até o 15 de setembro o prazo de presentación de solicitudes do Bono Concilia Familia, as axudas da Consellería de Política Social e Xuventude para financiar o coidado de nenos de até 12 anos, incluídos os desta idade.
O Diario Oficial de Galicia (#DOG) publicou este martes a orde reguladora desta liña de apoios que terá un orzamento total de máis de 1,5 millóns de euros. Cada unidade familiar poderá solicitar unha contía que variará en función da actividade ou recurso financiado.
En concreto, a axuda cubrirá até a totalidade do custo da actuación: 500 euros para a contratación dunha persoa empregada do fogar ou de servizos de atención á infancia a domicilio; ou de 200 euros por cada neno se se solicitan servizos de conciliación autorizados pola Xunta, campamentos ou outras prestacións especificamente organizadas para a atención de menores en períodos de vacacións escolares.
VACACIÓNS ESCOLARES
A estes efectos, entenderanse como vacacións escolares os prazos seguintes: do 1 ao 6 de xaneiro; do 20 ao 22 de febreiro (Entroido); do 3 ao 10 de abril (Semana Santa) e do 22 de xuño ao 8 de setembro (verán). No entanto, o Bono Concilia tamén cobre necesidades de conciliación de carácter puntual.
As solicitudes deberán presentar obrigatoriamente por medios telemáticos, a través da sede electrónica da Xunta, que terá un prazo de 15 días para resolver.
Poderán ser beneficiarios deste programa as nais, pais, titores legais ou responsables de acollida ou garda que teñan nenos de até 12 anos --teñen que ter esta idade no momento do suposto para o que se solicita a subvención-- e que estean efectivamente traballando, entre outros requisitos.
A percepción do Bono Concilia é compatible con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra administración ou ente público ou privado, aínda que haberá que comunicalo.
Escribe o teu comentario