A liña de bus da Xunta entre Vigo e O Porriño estará operativa desde o luns

Segundo detallou a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, esta liña incluirá oito expedicións diarias, catro de ida 


|

Nueva estación Intermodal de autobus de Vigo
Arquivo - Estación Intermodal de autobus de Vigo

A nova liña de autobús da Xunta de Galicia que conectará Vigo co Porriño e os dous polígonos industriais da Granxa e As Gándaras comezará a funcionar o luns, día 5 de xuño.

 

Segundo detallou a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, esta liña incluirá oito expedicións, catro delas de ida e outras tantas de voltas, co obxectivo de mellorar a oferta de servizos entre ambos os municipios.

 

Así, co novo servizo, a Xunta de Galicia pretende dar resposta ás demandas de mobilidade trasladadas polo Concello do Porriño, ampliando as alternativas de viaxe dos usuarios do transporte público autonómico, especialmente as daquelas persoas que se despracen por motivos laborais cara a estes parques empresariais.

 

Os usuarios disporán de servizos desde primeira hora da mañá até o final do día, tanto para a ida como para a volta. As catro expedicións de ida con saída da estación intermodal de Vigo ás 5:00, 7:00, 13:00 e 21:00 chegarán a Porriño (Cablería Auto) ás 5:50, 7:50, 13:50 e 21:50, respectivamente.

 

Para os outros catro servizos de vulta, as saídas serán desde a para do Porriño en Cablería Auto ás 6:00, 14:00, 16:50 e 22:00, con chegada á estación intermodal de Vigo ás 6:50, 14:50, 17:40 e 22:50.

 

En menos dunha hora, os usuarios realizarán o percorrido completo, garantindo a puntualidade nos centros de traballo e axilizando as chegadas do persoal aos seus fogares ao final da xornada de traballo.
 

NOVE PARADAS

O itinerario comprende en total nove paradas, das que seis son nos polígonos indutriales e son de nova creación. A relación de puntos de paso inclúe dous en Vigo e sete no Porriño nesta orde: Vigo Estación Intermodal, Vigo (Praza de Galicia), O Porriño (Avenida de Galicia), O Porriño (Imprenta Paz), O Porriño (Vip Galicia), O Porriño (#CTAG), O Porriño (Gestamp), O Porriño (Ceamsa) e O Porriño (Cablería Auto).

As oito expedicións manteranse operativas durante todo o ano, en días non festivos, de luns a venres, conforme as necesidades de mobilidade dos usuarios, especialmente os que necesitan desprazar por motivos de traballo aos polígonos industriais do Porriño.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE