Alfonso Rueda reunirase coa presidenta da Comisión Europea o próximo 27 de marzo en Bruxelas

Entre os temas a tratar entre ambos figuran nun lugar preferente o futuro da pesca galega e a xestión de fondos europeos


|

El presidente de la Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ofrece una rueda de prensa tras una reunión para tratar los retos comunes de los territorios atlánticos en el Ajuria Enea, a 13 de marzo de 2023, en Vitoria, Álava, País Vasco.
A presidenta da Comisión Europea, Ursula Von der Leyen, recibirá o próximo 27 de marzo ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, para abordar asuntos prioritarios para o presente e o futuro da comunidade autónoma de Galicia. O encontro entrá lugar na sede da Comisión Europea, en Bruxelas.

 

Segundo destacou a Xunta , Rueda será o primeiro presidente dunha Comunidade autónoma española en manter un encontro institucional coa máxima representante dunha das principais institucións da Unión Europea.


Detallou tamén que entre os asuntos que Rueda trasladará a Von der Leyen figuran nun lugar preferente o futuro da pesca galega, así como a xestión dos fondos europeos, entre outras cuestións nas que a Comisión Europea disporá de primeira man do posicionamento da Xunta de Galicia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE