As hipotecas en Galicia seguen sendo máis baratas que os alugueres pese á alza de tipos de interese

Os datos mostran un cambio de tendencia, xa non hai tanta diferenza entre pagar unha hipoteca e alugar, tanto en España como na autonomía. Baleares é a única comunidade que rompe a tendencia no estado.


|

Unha hipoteca media en Galicia custa uns 427 euros ao mes mentres que o pago do aluguer leva de media uns 570 no mesmo período.

 

Construccioninmobiliaria

 

 

As diferentes subidas dos tipos de interese por parte do Banco Central Europeo sumadas á tendencia alcista do euribor -actualmente atópase no 2,825% de media en novembro- xunto á inflación propiciaron que a rendibilidade do pago mensual das cotas hipotecarias sobre os alugueres diminúa respecto ao panorama existente durante meses e anos anteriores. Aínda así, segue sendo máis rendible pagar hipoteca antes que aluguer.

 

Agora mesmo, a diferenza en Galicia sitúase ao redor dos 143 euros, aproximadamente. Mentres que en España se sitúa ao redor dos 200 euros ao mes. Así o indica un informe da plataforma de intermediación hipotecaria Hipoo, que analizou o prezo do metro cadrado actual en referencia ao aluguer e á compra de vivenda.

 

Gru00e1fico de Hipoo comparando alquileres e hipotecas por autonomu00edas
Gru00e1fico de Hipoo comparando alugueres e hipotecas por autonomías


O último dato do prezo do metro cadrado para compravenda de vivenda -que é de outubro- sitúase en 1.352 euros de media en Galicia, segundo Idealista. Para a análise, Hipoo tomou este dato e proxectouno sobre unha vivenda media de 75 metros cadrados. En consecuencia, e como resultante queda como prezo da vivenda un total de 101.400 euros. Asumindo que se necesitase o 100% de financiamento, é dicir, sen achegar aforros previos, o valor da cota hipotecaria simulada cun interese fixo do 3% e a 30 anos sería de 427 euros, aproximadamente.

En contraposición á compra de vivenda, para o dato do prezo do aluguer, Hipoo escolleu o valor de 7,6 euros por metro cadrado para vivenda destinada ao aluguer. Que é a última referencia -de outubro- sobre este indicador en Galicia. Calcúlase, por tanto, un total de 570 euros ao mes o prezo do aluguer sobre un piso medio de 75 metros cadrados.

“O resultado final é claro, o aforro total ascendería a 143 euros”, destaca César Betanco, experto do intermediario hipotecario Hipoo. Quen conclúe que, “a pesar de todas as subidas establecidas nos últimos meses, as hipotecas seguen sendo máis alcanzables que os alugueres en Galicia”. Aínda así, apunta, “haberá que esperar o discorrer dos tipos de interese e o seu comportamento durante 2023 e os primeiros meses de 2024”.


Do mesmo xeito, Betanco tamén destaca que a proxección está realizada sobre un 100% de financiamento da vivenda elixida. É dicir, unha estimación aproximada sobre a realidade, na  que as entidades bancarias, xeralmente, adoitan achegar unicamente entre un 80% e un 90% de financiamento hipotecario. Chegando a alcanzar o 100% para determinados perfís. O que suxire que, na propia proxección calculada podería ser maior incluso a diferenza entre hipotecas e alugueres se se achegasen os aforros suficientes para chegar ás porcentaxes de financiamento antes dispostos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE