España endosa unha manita a Irlanda do Norte cun Pedri en modo Eurocopa
A selección española goleou á Norn Iron sen maior apuro, aínda que aos dous minutos os de De la Fuente xa se viron por baixo do marcador despois dun temperán gol de Ballard. Pedri respondeu só oito minutos despois e no 17 España xa ía por diante do marcador grazas a Morata. O vindeiro sábado estrea contra Croacia na Eurocopa de Alemaña.
Ademais de Pedri -que anotou por partida dobre- e Morata, tamén viron porta Oyarzabal, o seu cuarto gol en dous partidos, e Fabián.
A destacar entre as actuacións de 'A Vermella' a de Lamine Yamal, que callou un sensacional partido e repartiu dúas asistencias para o cuarto e quinto gol.
Escribe o teu comentario