A Volta a España 2024 pasará por Galicia cunha etapa íntegra na provincia de Ourense

Será a 12ª etapa de 'A Volta 24' que transcorrerá polo Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Paderne de Allariz, Maceda, Esgos, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, A Teixeira, Castro Caldelas, San Xoán de Río, Trives e con final na estación de montaña de Manzaneda. 


|

El Presidente De La Institución Provincial, Luis Menor, Y El Director De La Vuelta Ciclista A España, Javier Guillén, En La Presentación De La Etapa Que Pasa Por La Provincia De Ourense.
Foto: EP

 

O miradoiro Pé do Home, no municipio ourensán de Nogueira de Ramuín, acolleu este martes a presentación da 12ª etapa de 'A Volta 24' que, co patrocinio da Deputación de Ourense, disputarase integramente na provincia.

O presidente da institución provincial, Luís Menor, e o director da Volta Ciclista a España, Javier Guillén, acompañados polos alcaldes dos municipios ourensáns polos que transcorre a proba, presentaron os detalles deste evento deportivo.

Así, esta etapa, que se celebrará o 29 de agosto, transcorrerá por unha ducia de municipios da zona da Ribeira Sacra. O pelotón sairá da cidade para disputar os 133 quilómetros de percorrido, pasando polos municipios do Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Paderne de Allariz, Maceda, Esgos, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, A Teixeira, Castro Caldelas, San Xoán de Río, Trives e con final na estación de montaña de Manzaneda.

Segundo trasladou a Deputación nunha nota de prensa, Luís Menor lembrou que a Ribeira Sacra, candidata a Patrimonio Mundial da Unesco, demostrou ser "un lugar perfecto para o ciclismo con tramos exixentes de gran dureza, que discorren por unha contorna inigualable para o deleite dos ciclistas e tamén dos millóns de afeccionados que seguen este espectáculo do ciclismo por todo o mundo".

Así mesmo, Javier Guillén explicou que "o ciclismo en ruta defínese por dúas cuestións: a épica e a estética" e, en base a esas dúas definicións fixeron "unha etapa redonda: deportivamente moi emocionante e esteticamente apaixonante". Asegurou que os veciños e veciñas da provincia "vanse a sentir orgullosos do que teñen e do lugar no que viven".

Ademais, a Deputación explicou que a caravana publicitaria da Volta realizará na etapa ourensá dúas paradas técnicas: unha en Nogueira de Ramuín e outra en Castro Caldelas. Mentres que, o parque volta instalarase en Trives desde as 16.30 ás 20.00 horas e o acceso é libre.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE