O XLIII Premio Branco-Amor recae no escritor Diego Giráldez pola súa novela 'As obras póstumas'
Así o acordou o xurado, que se reuniu no Centro Cultural Marcos Valcárcel, ao escoller a obra por maioría entre un total de 49 orixinais presentados a esta edición, máis do dobre das obras recibidas na cita pasa
O escritor do Porriño Diego Giráldez García é o gañador do XLIII Premio de Novela Eduardo Blanco-Amor polo seu traballo 'As obras póstumas'.
Así o acordou o xurado, que se reuniu no Centro Cultural Marcos Valcárcel, ao escoller a obra por maioría entre un total de 49 orixinais presentados a esta edición, máis do dobre das obras recibidas na cita pasa.
O galardón, organizado pola Fundación Eduardo Blanco-Amor coa colaboración da Deputación de Ourense, está dotado con 15.000 euros e unha peza artística do escultor Acisclo Manzano.
No seu fallo, o xurado destacou o estilo "directo, rico e cargado de simbolismo" que caracteriza a obra premiada, na que aborda a historia dunha escritora que, ante o diagnóstico de demencia, reflexiona sobre a vida e sobre o seu traballo.
A prosa elaborada de Giráldez, engadiu o xurado, crea unha "atmosfera estremecedora" sobre o tempo e a memoria e mostra a "dura realidade" sobre o tratamento da enfermidade psiquiátrica do pasado "sen caer en estereotipos".
Escribe o teu comentario