Balaídos volverá ser sede os mellores conicertos en Vigo o próximo verán
Acordo entre o Concello e o Celta de Vigo para a celebración de grandes eventos no coliseo celtiña.
O Concello de Vigo autorizará ao Real Club Celta de Vigo a celebrar concertos no estadio municipal de Balaídos o próximo verán, segundo anunciou o goberno local nun comunicado.
En concreto, este luns o alcalde, Abel Caballerou, e a presidenta do club, Marián Mouriño, asinaron a notificación dun acordo que lle permitirá á entidade organizar grandes eventos na instalación municipal entre o 2 de xuño e o 15 de xullo.
"Balaídos está perfectamente preparado para albergar espectáculos de gran afluencia considerados de gran importancia tanto para a cidade como para o club celeste. A organización destes eventos musicais suporá un importante retorno económico para a cidade, así como a posta en valor da principal infraestrutura deportiva do sur de Galicia", subliñou o Concello.
Este acordo, tal como explica o goberno local, facilitará tamén que a música e a cultura "sigan arraigando en Vigo" e suporá a ampliación da colaboración entre Concello e Celta para reforzar a "marca Vigo" como "referencia cultural e turística".
Escribe o teu comentario