A Coruña xa prepara o regreso do Morriña Fest, con datas confirmadas para o mes de xullo

A V Edición do festival, consolidado como unha das citas do verán en Galicia, aínda non anunciou os integrantes do seu novo cartel.


|

GbxTtT5WoAYUzpl
Foto: Morriña Fest

 

O Morriña Fest celebrará a súa quinta edición na Coruña os días 25 e 26 de xullo de 2025. Proximamente anunciaranse os primeiros artistas e a saída a venda dos abonos, segundo informa o Concello da cidade herculina.

Para o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro en "os últimos tres anos quedou demostrado que o Morriña atrae a moita xente e é xa un dos eventos máis esperados do ano na cidade". Na edición deste 2024 máis de 40.000 persoas asistiron ao festival.

O evento, engade o consistorio, significou tamén a apertura dos peiraos á celebración de grandes concertos e actividades culturais, algo que xa é habitual durante o período estival.

Artistas como Rels B, Aitana, Duki, Crystal Fighters, Black Eyed Peas ou Nicky Jam actuaron, entre outros, no Morriña Fest nos últimos anos.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE