A importancia de Caldas de Reis en tempos romanos refórzase co achado dunha ara milenaria
A peza, de gran interese arqueolóxico, foi atopada de casualidade nunha leira de municipio pontevedrés.
Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Santiago de Compostela, en colaboración co servizo de arqueoloxía da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, atoparon unha ara de orixe romana no termo municipal de Caldas de Reis (Pontevedra).
Tras realizar diferentes investigacións, localizouse a ara e procedeuse á identificación do propietario da parcela onde se atopaba, ao que se lle tomou declaración co obxectivo de determinar a orixe deste elemento.
Segundo informou a administración autonómica nunha nota de prensa, os axentes procederon a precintar a zona ata que se ditou a resolución.
Posteriormente, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude acordou o traslado ao Museo de Pontevedra. Despois desta resolución, os axentes da Policía Autonómica procederon a retirar o precinto e a supervisar o traslado ao museo.
Escribe o teu comentario