A ABAU 2024 en Galicia terá lugar do martes 4 ao xoves 6 de xuño
A extraordinaria adiántase á primeira semana de xullo, do 2 ao 4, para facilitar o ingreso dos alumnos na universidade
A convocatoria ordinaria da Avaliación do Bacharelato para ou Acceso á Universidade de 2024 celebrarase entre o martes 4 e o xoves 6 de xuño.
Así o acordou a Comisión Interuniversitaria de Galicia nunha reunión celebrada este venres, na que tamén se puxo data á convocatoria extraordinaria: do martes 2 ao xoves 4 de xullo.
A principial novidade é que a extraordinaria será a primeira semana de xullo e non a segunda. Isto permitirá, segundo explica o ente organizador da selectividade galega, que o alumnado que realice a súa solicitude de preinscrición de ingreso nos graos entre os días 18 e 22 de xullo, xa coas notas defitivas e non coas provisionais, que tiempres están suxeitas a posibles modificacións.
A CiUG subliña o "gran esforzo" realizado para poder desenvolver a ABAU nun total de tres xornadas, a pesar dos "moitos cambios" que poden experimentar próbaas de acceso á universidade tanto nos próximos modelos de exame como nos currículos, ao que se suma a aparición de novas materias en 2º de Bacharelato.
Confirma tamén a intención que ten de "minimizar os desprazamentos" dos alumnos dada a dispersión poboacional de Galicia, polo que as probas se manterán nos sete campus universitarios das cidades e en centros específicos na Rúa, Cee e Viveiro.
Escribe o teu comentario