'Nosoutras', a orimera serie documental que falará sobre as mulleres na revista Nós
Nós Televisión produce e realiza este traballo audiovisual de tres capítulos
Nós Televisión presenta a primeira serie documental sobre as tres mulleres que escribiron artigos propios na revista Nós, un dos maiores emblemas culturais galegos. "É a primeira vez que se aborda revístaa Nós fixar nas mulleres e que se coloca a vida e obra delas no centro da órbita Nós", destacan desde o equipo produtor da serie, gravada principalemente na provincia de Ourense e que conta co patrocinio da Deputación.
A ourensá Eira Losada presenta os tres capítulos da serie documental Nosoutras, as mulleres dá revista Nós, desde espazos como a rúa Alejandro Outeiriño, onde se fundou o diario A Rexión e onde se imprimiu tamén o primeiro número da revista Nós no ano 1920, na praza Maior ou na rúa Francisca Herrera no barrio da Ponche, na cidade de Ourense.
O primeiro capítulo desta serie, que xira ao redor da irlandesa Anne MacSwiney estrearase este sábado 21 de outubro a partir das 12 na canle de YouTube de Nós Televisión. Os seguintes capítulos, que versarán sobre Francisca Herrera e Margot Sponer, terán lugar os seguintes sábados día 28 e 29 respectivamente.
A serie estará tamén dispoñible na plataforma de Movistar Plus+ en toda España e na canle de Nós Televisión, no dial 119 de R nas próximas semanas.
ANNE MACSWINEY
A revista Nós acolleu regularmente contidos relacionados con Irlanda, contando mesmo coa firma de Anne MacSwiney, intelectual e mestra que difundiu a tráxica historia do seu irmán Terence, morto nunha folga de fame durante a guerra da independencia irlandesa. É por este motivo polo que MacSwiney escribe en Nós .
Neste primeiro capítulo da serie documental abordarase o papel que desenvolve Irlanda para a xeración Nós, así como a importacia da firma de MacSwiney e a vida da propia irlandesa que non só se centrou no activismo, senón tamén no sector educativo.
Escribe o teu comentario