A FMS regresa a Santiago na súa edición máis "terrorífica": freestyle, festa de Halloween, concurso de disfraces...
A Freestyle Master Series (FMS) aterra na capital galega o próximo 28 de outubro nun capítulo moi especial.
O mellor rap regresa a Galicia este outubro da man da Freestyle Master Series (FMS), que celebrará outra xornada de música no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela, que repite como sede da competición na comunidade. Os mellores freestylers do país danse cita nun 5ª xornada que contará con Gazir, Chuty, Skone, Zasko, Sweet Pain ou Blon, entre outros.
Talvez o que máis espectación pode espertar é Le33, o "galo" lucense que se estrea na elite do freestyle despois de escalar á primeira categoría o pasado 2022. Yago Fernández Carro pon o acento galego á FMS este ano e supuxo un sopro de aire fresco á competición tras callar unha grandísima tempada.
Doutra banda, no modo de exhibición vos expectadores poderán gozar dun man a man entre o coruñés Force e Zasko, todo un duelo de campións no pavellón santiagués. Zasko será con Le33 o encargado de iniciar as ostilidades na rolda de prensa previa á cita, un evento que se celebrará o venres 27 de outubro ás 17 hotas na tenda JD de As Cancelas.
FESTA DE HALLOWEEN, PREMIOS...
Con todo, para este 28 de outubro a FMS prepara moito máis que música. Nesta ocasión, o campionato convida aos asistentes a participar na festa tematizada de Halloween. "Será a primeira vez que se poderá vivir algo igual en España, nunha experiencia onde os freestylers rapearán de medo nun ambiente diferente para, ao concluír o evento, celebrar xunto aos asistentes nunha festa universitaria ao grande con recoñecidos djs que pronto serán anunciados, agasallos, concursos de disfraces, concurso de baile… Un show que empezará o día do evento ás 19:30 horas e que se alargará até as 02:00 horas", sinalan os organizadores.
De igual maneira, a Street Warriors, onde se moldean os próximos talentos do panorama, celebrarase ese mesmo venres no Multiusos Fontes do Sar. Un outubro no que os ritmos urbanos invadirá Santiago cunha programación que asusta só de vela.
Escribe o teu comentario