Feiras, festas e outras actividades que non che podes perder este fin de semana en Galicia

Galiciapress trae as mellores actividades para este fin de semana na comunidade galega


|

Image
Pasacalles nas festas de San Froilán, en Lugo / Foto: @san_froilan

A Gran Pulpada: Este fin de semana no lugar da Cachada, na parroquia de Monteagudo, no muncipio coruñés de Arteixo, acollerase a coñecida como Gran Pulpada, acompañada pola actuación do dúo D’Luxe tanto na sesión vermú como e na sesión de tarde, e ademais os Djs David Bermuñez, Forneas e Rokiño. O prezo da pulpada é de 35 euros para os adultos e de 17 euros para os nenos de entre 5 e 10 anos. 


Festival Internacional de Cine Curtocircuíto: Santiago arrincou o martes pasado a 20º edición do Festival Internacional de Cine Curtocircuíto, que contará con diferentes eventos até o domingo 8 de outubro. Ademais, este festival de cine abarca na súa programación tamén outras disciplinas como a fotografía, a arte sonora, a etnografía, a música e a literatura. As entradas poderán conseguir a través da súa páxina web.

 

Partido Racing de Ferrol vs. F.C. Cartaxena: O domingo 8 de outubro ás 18:30 o Racing de Ferrol ten unha cita no Estadio Municipal A Malata para xogar contra o F.C Cartaxena. As entradas poden conseguir desde 20€ a través de compralaentrada.com.

 

Festas de Cabalo Beluso: Cabalo de Beluso, no municipio potevedrés de Bueu, acolle este fin de semana esta festa en honra á Virxe das Dores. Esta celebración comezará o venres noite coa verbena amenizada pola orquestra Capitol e o grupo Claxxon. O sábado terán a actuación da orquestra Os Players e Miramar, e o domingo a verbena final será amenizada pola orquestra Os Satélites. O domingo ás 17:30 celebrarase tamén unha cucaña para grandes e pequenos.

 

Festas do Rosario de Vilar: O 6, 7 e 8 de outubro terán lugar as festas en honra á Virxe do Rosario de Vilar, no municipio de Crecente. Ás 21.00 do venres arrincarán cunha gran churrascada acompañada polos trios 3.COM e Azar. Ás 13:00 do sábado haberá unha gran tirada de fogos artificiais e xa pola noite, continuará a festa coa verbena amenizada polas orquestras París de Noia e Os Satélites. A mañá do domingo contará coa tradicional misa solemne e co concerto da banda de música Unión de Guláns.

 

Festas de San Froilán: Como cada ano, a cidade de Lugo acolle a celebración das súas festas até o próximo día 12, dando o pistoletazo de saída os eventos Sonia Villapol co pregón. Lugo contará con case 190 actividades, das cales 48 son concertos gratuítos en vivo e con diferentes actividades repartidas entre o centro histórico e as barracas. Este ano apostaron polos cantantes Carolina Durante e Rayden como nomes principais para os concertos gratuítos.

 

Festa dá Pataca: Vilar de Barrio celebrará este fin de semana a Festa dá Pataca, na que se poderá degustar ovos fritos con patacas e chourizo por cinco euros, ademais do típico polbo e empanada. Tamén contará coa amenización do disco móbil A Gramola o sábado e coa actuación do humorista Carlos Blanco a tarde do domingo. Pola noite, pecharán a festa coa típica Festa Popular.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE