O famoso DJ David Guetta acutará en Castrelos, Vigo, o próximo verán

Andrés Calamaro (8 de xullo), David Bisbal (15 de xullo), Pablo López (24 de xullo), Alejandro Sanz (27 de xullo), Coral Casabranca (29 de xullo), Beret (5 de agosto), Bad Gyal (10 de agosto) e Ana Mena (15 de agosto) son outros dos concertos que foi adiantando o alcalde Abel Caballero.


|

DAVID GUETTA
DAVID GUETTA

O goberno municipal de Vigo segue debullando o programa de concertos previstos para a tempada estival, e este xoves o alcalde, Abel Caballero, confirmou o inicio do expediente de contratación do artista David Guetta, que actuará no auditorio de Castrelos o 20 de agosto.

Nunhas declaracións remitidas aos medios, o alcalde proclamou que a actuación de Guetta, DJ e produtor recoñecido internacionalmente e con numerosos premios, suporá "o mellor peche dos concertos de Castrelos que houbo nunca na historia".

 

David guetta concierto marbella cultura san pedro
David Guetta en Marbella nunha foto de EP



O rexedor lembrou que o artista está avalado pola venda de millóns de discos, "é o mellor DJ do mundo", e en Vigo "contará con dous artistas invitados" para ofrecer "un espectáculo de 4 horas". "Xa o advertín, imos ter os mellores concertos de Castrelos que tivemos nunca", sentenciou.

 

 

 



Até agora, déronse a coñecer as actuacións en Castrelos de Andrés Calamaro (8 de xullo), David Bisbal (15 de xullo), Pablo López (24 de xullo), Alejandro Sanz (27 de xullo), Coral Casabranca (29 de xullo), Beret (5 de agosto), Bad Gyal (10 de agosto) e Ana Mena (15 de agosto).

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE