Consegue ante a Xustiza que Allianz o atenda en galego e a aseguradora responde rescindindo o seu contrato

Agora, a firma decidiu, como resposta, rescindir o contrato, unha manobra que desde a plataforma tachan como "represalia" pola vitoria nos xulgados.  


|

O caso foi denunciado pola Mesa pola Normalización Lingüística, que sinala que un 70% das aseguradoras non se axustan á lei neste campo. 

 

"Estamos a falar de contratos que son imprescindibles ou mesmo obrigatorios para a vida diaria e que afectan a miles de persoas e empresas", lembra A Mesa. 

 

Allianz
Foto: EP

A Mesa pola Normalización Lingüística fíxose eco deste caso que ten como protagonistas a un empresario galego e Allianz Seguros. Os feitos remóntanse ao pasado mes de novembro, cando a Xustiza obrigou á aseguradora a ofrecer a posibilidade de asinar unha póliza de seguro que de responsabilidade civil en galego, como reclamaba o demandante. Agora, a firma decidiu, como resposta, rescindir o contrato, unha manobra que desde a plataforma tachan como "represalia" pola vitoria nos xulgados

 

Desde A Mesa subliñan que se trata de "un dereito recoñecido pola lei 50/1980 de 8 de outubro de Contrato seguro", onde se establece que "a póliza do contrato deberase redactar, a elección do asegurado, en calquera das linguas españolas oficiais no lugar onde aquela formalizarse".

 

A organización reprocha á empresa que tome esta medida nun contexto no que, estiman, máis do 70% das compañías aseguradoras non oferecen a posibilidade de contratar unha póliza en galego. "É inadmisible que isto siga pasando", lamenta Elsa Quintas, vicepresidenta da plataforma e directora do Observatorio de Dereitos Lingüísticos

 

"Estamos a falar de contratos que son imprescindibles ou mesmo obrigatorios para a vida diaria e que afectan a miles de persoas e empresas", recalca. Nesa lína, indica que A Mesa se dirixirá a todas as aseguradoras que aínda non prestan o seu servizo en galego antes de acabar o ano para que confirmen que cumpren coa lei, antes de emprender outras accións.

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE