(VÍDEO) A curiosidade das orcas fai que un veleiro inglés perda o temón nas Illas Sisargas

O veleiro inglés Jan Steen, con dous adultos e tres nenos abordo, tivo que ser remolcado ao porto da Coruña tras quedar á deriva ao sufrir unha interacción con orcas e perder o temón cando navegaba a dúas millas ao Noroeste das Illas Sisargas (A Coruña).


|

Salvamento Marítimo e Cruz Vermella tiveron que asistir aos ocupantes da embarcación, que quedou desgobernada pola interacción das orcas.

 

Os cetáceos protagonizaron moitos episodios similares nos últimos tempos, e os expertos achácanos á pura curiosidade destes animais e non a comportamentos agresivos.

 

Orcas
Orcas en augas españolas | Foto: EP

 

O veleiro inglés Jan Steen, con dous adultos e tres nenos abordo, tivo que ser remolcado ao porto da Coruña tras quedar á deriva ao sufrir unha interacción con orcas e perder o temón cando navegaba a dúas millas ao Noroeste das Illas Sisargas (A Coruña).

Fuentes de Salvamento Marítimo, consultadas por Europa Press, concretaron que a embarcación solicitou a axuda de Salvamento ás 11,25 horas deste luns.

Para levar a cabo o rescate, Salvamento mobilizou a embarcación Salvamar Betelgeuse e a de Cruz Vermella, LS Condesa Pardo Bazán. Neste caso non resultaron feridos ningún das persoas que ían abordo do veleiro.

 

 

OUTROS EPISODIOS

Nas últimas semanas os espisodios protagonizados por estes cetáceos foron recorrentes. Así, o domingo ao mediodía un veleiro con catro persoas abordo tivo que ser remolcado ao porto de Camariñas (A Coruña) tras quedar sen temón por outra interacción de orcas.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE