​Caballero resume a sanidade de Feijóo en: "privatizacións, precariedade e listas de espera"

|

Psdeg sanidade parlamento


O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, esixiulle ao presidente da Xunta que "rectifique" a reforma da Lei de Saúde de Galicia e lembroulle que o "fracaso" da súa política sanitaria "xa lle custou o cesamento" dunha conselleira, a anterior titular desta rama, Rocío Mosquera.


Gonzalo Caballero participou este venres nunhas xornadas sobre sanidade organizadas pola Escola de Formación Ceferino Díaz do PSdeG na Cámara galega, onde urxiu ao máximo mandatario autonómico a "reorientar o desastre" que está a levar a cabo en materia sanitaria e que derivou nun "clamor" entre a cidadanía.


"A dereita está desmantelando moitos dos avances que alcanzaramos", censurou o líder do PSdeG, que advertiu de que o sistema "público, gratuíto, de calidade e de proximidade" que "custou moito tempo construír" pódese destruír en pouco tempo".


Por iso, coa defensa da sanidade "pública, universal, gratuíta, de calidade e próxima" como "prioridade", Gonzalo Caballero chamou aos galegos a participar "masivamente" na manifestación do próximo domingo en Santiago. "A sanidade está en risco", advertiu antes de denunciar as "privatizacións encubertas, precariedade para os profesionais e enormes listas de espera".


"A prioridade é que Feijóo entenda que ten que frear a deterioración e desmantelamento da sanidade pública que está a levar a cabo e que agora quere lexislar cunha lei que non esperta o apoio nin dos profesionais nin da cidadanía", incidiu.


TRAMITACIÓN PARLAMENTARIA


Pola súa banda, o portavoz parlamentario dos socialistas, Xoaquín Fernández Leiceaga, lembrou que o vindeiro martes arrinca a tramitación da reforma da lei, que recibirá a oposición dos socialistas galegos.


Precisamente, o PSdeG organizou este venres na Cámara galegas unhas xornadas sobre sanidade nas que participaron profesionais, expertos, políticos ou representantes de plataformas sociais como o de SOS Sanidade Pública, Manuel Martín.


relacionada A dolorosa loita para ser pais dentro nas listas de espera do CHUS
relacionada Esixen a dimisión da xerente do Hospital da Costa por "manipular" listas de espera
relacionada Diferenzas de ata mes e medio nas listas de espera para operarse nos hospitais galegos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress