A dolorosa loita para ser pais dentro nas listas de espera do CHUS

|

Embarazo


A través o testemuño dunha parella pontevedresa que busca desesperadamente ser pais, ponse de relevo o problema nas listas de espera do CHUS para o tratamento de reprodución asistida, causando un gran dano aos pacientes que ten que recorrer a clínicas privadas, que agora denuncia a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS.


Nunha misiva, unha parella que responde polas iniciais C.A.A e M.P.M, narra a tortuosa experiencia á que foron sometidos na súa loita por querer ser pais desde 2013. Despois de que na Seguridade Social derivásenos a unha consulta por esterilidade e máis tarde remitidos á Unidade de Reprodución Asistida no Centro de Referencia para Fecundación In vitro e Inxección Intraplástica de Espermatozoides, a parella termina sendo atendida no CHUS tras meses de espera. Unha vez realizada as probas, nas que se revela que a muller presenta insuficiencia ovárica, anúnciaselles que hai unha lista de espera de máis dun ano, algo que agravaría a súa situación.


Para afrontar o tratamento, a paciente ten que baixar de peso segundo os médicos. “Aquí comeza a miña loita, unha loita de anos. Despois dun gran esforzo, que me levou a tratamento por ansiedade, conseguín baixar de peso” reza o comunicado emitido pola parella, aínda que non foi suficiente. Tras unha intervención cirúrxica, novos requirimentos médicos e un tempo de espera que se alonga ata este 2018, no CHUS notifican á parella que xa é tarde para realizar o tratamento e que só poden contemplar a doazón de óvulos. Ademais, a doutora que os atende fala de como “a lista de espera do Sergas non funciona realmente, non se move porque non hai doantes, porque se lles paga tarde, mal e arrastro”. Ademais, a paciente recibe o alta por vía telefónica e no centro néganse a darlle un informe por escrito.


Sentimonos enganados e manipulados por esta Unidade, pola falta de información. Estamos esgotados e afundidos. Decidiron a nosa vida por nós e fixéronnos perder uns anos que non recuperaremos” lamentan os afectados. Un testemuño que pon de manifesto a existencia dunha desigualdade á hora de dar prioridade aos pacientes nas listas de espera e como estas alónganse tanto no tempo que finalmente os tratamentos resultan inútiles á hora de ser aplicados. Por iso, moitas parellas ven obrigadas a recorrer á doazón óvulos xa que xa non cumpren os requisitos necesarios para garantir a viabilidade do tratamento.


Ademais, a carencia no banco público de óvulos do CHUS supone unha barreira para os tratamentos de reprodución asistida e unha discriminación para moitos pacientes, que non poden acudir a unha clínica privada e non teñen resposta da Seguridade Social. “Neste sentido, resulta sorprendente que a unidade do CHUS, como fixo público recentemente a través dos medios de comunicación, pretenda acudir a bancos privados que obteñen beneficios coas técnicas de reprodución asistida en lugar de aplicar políticas públicas destinadas a impulsar a doazón solidaria” denuncian desde a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS. Ademais, denuncian a falta de información fornecida aos pacientes ou o pouco tacto do centro, notificando por vía telefónica algunhas decisións das que depende o tratamento dos pacientes.

relacionada Os servizos de reprodución asistida rexeitan as parellas cun fillo san
relacionada "As camas existen, pero non se dotan do persoal necesario para estar dispoñibles"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress