Marea de Vigo propón a creación dun novo Consello Municipal de Cultura

O grupo municipal promove a idea como impulso do plano cultural da cidade olívica.


|

Marea de Vigo Municipal


O grupo municipal Marea de Vigo propuxo este martes a creación dun Consello Municipal de Cultura, para deseñar as políticas da cidade neste ámbito, elaborar un plan museístico e impulsar a participación dos axentes sociais e dos cidadáns en xeral. Así o anunciou Xose Lois Jácome, concelleiro do partido, argumentando que esta proposta loita contra as políticas culturais de Abel Caballero. "Non se pode facer política cultural a golpe de improvisación, nunha cidade onde o tecido cultural é ninguneado, ante a inacción do concelleiro de Cultura", aseverou.


Pola súa banda, o portavoz do grupo, Rubén Pérez, puxo como exemplo a incerteza sobre o futuro do MARCO e lamentou que se vaia a converter nun "museo de ocorrencias" ou nun centro 'ad hoc' para as exposicións promovidas polo grupo empresarial dono dun xornal. "O MARCO ten que ter un director, e unha programación ligada á arte contemporánea", incidiu.


Así, Marea propuxo crear un Consello Municipal de Cultura, integrado por representes políticos, veciñais, de institucións culturais, artistas de recoñecido prestixio, entre outros. Este órgano podería deseñar as políticas culturais, decidir a localización de equipamentos, planificación de museos ou a fiscalización de recursos. Todo iso, segundo indicaron, "evitaría pantomimas" como o que ocorre agora co traslado da estatua dos Rederos.


Ademais, Pérez lembrou que Vigo conta cun movemento cultural suficientemente importante e recoñecido como para que se escoite a súa opinión, polo que os políticos deben "evitar dar receitas" e "escoitar" a eses representantes culturais e artísticos.

relacionada ​A futura Cidade da Xustiza avanza coa demolición do antigo hospital
relacionada ​O vigués desaparecido o domingo marchara a Francia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE