"Feirando" de segunda a sexta: os case esquecidos días da semana

 A Mesa pola Normalización Lingüística e AGAL desenvolverán unha campaña en defensa da denominación tradicional dos días da semana


|


CalendarioFeiramos


A Mesa pola Normalización Lingüística e A Associaçom Galega da Língua (AGAL), xunto coa Fundación Vía Galego, levarán a cabo, ao longo de 2018, unha campaña chamada "Nós feiramos de segunda a sexta" para promover os días da semana tradicionais: domingo, segunda feira, terza feira, cuarta feira, quinta feira, sexta feira e sábado.


En defensa dos días da semana tradicionais, a campaña será lanzada na  segunda feira 19 de febreiro durante unha conferencia no café compostelán Airas Nunes, e seis días despois, terá lugar un evento conxunto en Padrón con música, poesía e intervencións de distintos intelectuais galegos.


Os principais obxectivos da campaña serán o ensino e os medios de comunicación. Desta forma, a iniciativa contará co apoio da banda de música infantil Mamá Cabra, destinada a facilitar a aprendizaxe dos días da semana e doutros tesouros da lingua galega; así como de material gráfico, chapas e calendarios.



En canto aos medios de comunicación, pedirase que usen de forma total ou parcial estas formas, e a partir do día 19 de febreiro distribuirase un banner que informa do día do mes e da semana no que estamos. Se pulsamos sobre el, nos redireccionará a unha páxina web con información lingüística e histórica sobre os días da semana, coa mesma normativa ortográfica que use o sitio web onde foi inserido o banner.


A IMPORTANCIA DOS DÍAS DA SEMANA


Algunhas das principais denominacións dos días da semana foron caendo no esquecemento cando na educación comezaron a dominar outras formas que, aínda sendo xenuínas nunha zona máis pequena do territorio galego, en xeral eran produto dunha adaptación fonética dos días casteláns : luns, martes, mércores, xoves, venres, sábado e domingo.


Os colectivos promotores desta iniciativa buscan dar un impulso ás formas tradicionais para así evitar a súa desaparición, sendo fundamental “recuperar as nosas palabras aínda que sexa no límite da desmemoria.” Trátase dun  "sistema lexical moi emblemático dos países lusófonos”, moi relevante na historia lingüística e política de Galicia e único do galego-portugués.



relacionada ​Unha foca que chegou enferma e desnutrida a Galicia recupérase "favorablemente"
relacionada Coñece aos políticos galegos con máis seguidores en redes sociais

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE