Coñece aos políticos galegos con máis seguidores en redes sociais

Repasamos a presenza das principais figuras políticas de Galicia en Twitter e Facebook


|


Alcade coruu00f1a


As redes sociais configuráronse como unha ferramenta de especial relevancia no mundo da política. Utilizadas como unha ferramenta sinxela e directa á hora de comunicarse coa cidadanía, poucos son os políticos que ignoran o poder de Twitter e Facebook á hora de establecer diálogo cos seus posibles votantes.


Para un político, resulta fundamental que as súas mensaxes sexan escoitados e xulgados, e é por isto polo que as redes sociais convertéronse no gran altofalante das súas ideas: unha forma práctica e accesible de enviar e recibir propostas, vital para calquera profesión cunha mínima natureza pública.


Ante a importancia e capacidade de difusión das redes sociais, o número de seguidores pode determinar, salvando distancias, o nivel de influencia que un político exerce sobre a cidadanía; ata que punto os seus pensamentos son, para ben ou para mal, relevantes ou interesantes na comunidade galega.




É, a grandes liñas, un cómodo indicador da popularidade dun político na internet. Tendo en conta os seguidores que as principais figuras da política galega almacenan nos seus perfís de Twitter e Facebook, encabezan o ranking  o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, con 40.200 seguidores en Twitter e 10.510 seguidores en Facebook; e o alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, con practicamente a mesma cifra en Facebook pero 20.600 seguidores en Twitter.


Alberto Núñez Feijóo queda relegado a unha terceira posición, seguido dos portavoces parlamentarios do BNG e En Marea, Ana Pontón e Luís Villares. Dos catro partidos políticos, parece que Xoaquín Leiceaga, do PSdeG, é o que menos interese esperta nos votantes galegos.


Doutra banda, a figura política con menor número de seguidores e presenza na internet é a alcadesa de Lugo, Lara Méndez, que pecha o ranking con 1.883 seguidores en Twitter e unha case nula presenza en Facebook.

relacionada As 8 formas de “dividir” Galicia... de bo rollo
relacionada Feijóo nega a súa saída cara a Madrid e descarta "unha cuarta lexislatura" en Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE