​Expertos alertan de que a seca "vén para quedar"

|

SequiatierraO consumo de auga por persoa "segue descontrolado e non mellora".


Expertos participantes nun foro sobre cambio climático, organizado pola Fundación Luis Tilve, instaron ás administracións a adoptar "políticas sustentables" ante unha seca "que vén para quedar".


Coa participación do catedrático de Química e Física da Universidade de Vigo, Juan Carlos Mejuto; o portavoz de Medio Ambiente do PSOE na Comisión de Agricultura do Congreso, Gonzalo Palacín e o tamén deputado socialista Ricardo García Mira, entre outros, abordouse as consecuencias do cambio climático.


Mejuto resultou concluínte ao explicar que o cambio climático está a traducirse en fenómenos atmosféricos extremos: "vai chover máis pero menos veces, os furacáns van ser máis fortes, as temperaturas tamén se volverán máis extremas e deixaremos de ter chuvascos para ter máis temporais".


No encontro, incidiuse en que en España "cada vez chove menos, pero dunha maneira máis acusada" e alertaron da necesidade de adoptar medidas que avanzan cara a políticas "sustentables".


Os expertos expuxeron que, non sendo das que máis consome, en Galicia tampouco se aprecian melloras, ao longo do tempo, no consumo eficiente da auga por parte dos cidadáns. O encoro de Belesar, un dos máis importantes de Galicia, está no 22,73%, cando o ano pasado, nestas datas, estaba no 89,63%. Hai encoros que están case baleiros cando a estas alturas terían que estar cheos.


Tamén subliñaron a necesidade de facer un consumo "responsable" da auga. Sobre iso, aseguraron que o consumo diario por persoa "segue descontrolado e non mellora", con excepción de autonomías como Cataluña.


Os relatores demostraron que os problemas económicos en determinadas zonas do mundo están fortemente relacionados cos problemas ambientais, corroborándose que o cambio climático ten unha forte relación coas crises e os conflitos sociais. Fame e guerras civís atópanse en lugares de alta tensión, provocados por alteracións de caudais debidos a unha explotación descontrolada ou a unha falta de dispoñibilidade de auga.


relacionada Àngel Simon: "A auga debe ser un tema de Estado e non un tema partidario"
relacionada ​A auga subterránea, un recurso que merece atención ante o cambio climático
relacionada ​Galicia cambiará as alertas por seca para adaptalas ao cambio climático
relacionada A chuvia acumulada non abonda para recuperar os ríos e acuíferos da seca prolongada

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress