Comeza un ciclo de charlas sobre a nova Lei de Benestar Animal

|


Perroabandonado


Libera e a Fundación Franz Weber realizarán unha xira de charlas por diversos municipios galegos para dar a coñecer os aspectos "positivos" e "negativos" da nova Lei de Benestar Animal.


Nun comunicado, informan de que este ciclo comezará este luns, 22 de xaneiro, en Santiago (18,00 horas no Centro Sociocultural de Fontiñas), en colaboración co Concello.


Estas charlas, que se celebrarán co apoio das mareas, proseguirán en Vigo (23 de xaneiro), en Pontevedra (día 24) e en Lugo (día 25).


Os animalistas animan a participar e explican que nestas conferencias tratarase, por exemplo, como iniciar programas de xestión de colonias felinas ou como activar denuncias por cans encadeados, así como unha maior profundización na nova lei para concienciar sobre as ferramentas das que dispoñemos á hora de facer fronte a o malos tratos animais.

relacionada O colectivo 'Libera!' detecta ata 19.000 animais abandoados en Galicia durante 2017
relacionada ‘Libera’ mantén a súa loita para evitar o uso de animais nos circos galegos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress