O colectivo 'Libera!' detecta ata 19.000 animais abandoados en Galicia durante 2017

|


Libera


O número de animais abandoados en Galicia en 2017 aumentou ata os 19.000, segundo os datos estimados pola ‘Asociación Animalista Libera! Galicia’ e a ‘Fundación Franz Weber’, que alertan do incremento que se está a rexistrar de “prácticas irregulares” como o de comercio de animais a través de Internet.


O colectivo animalista explica que realizou o estudo mediante o análise dos datos que figuran nas publicacións que aparecen en redes sociais, estatísticas dos centros de acollida pertencentes a administración públicas e a cantidade de rescates realizados en diferentes refuxios da comunidade. A investigación descobre un aumento do 31,5% de abandonos respecto a 2013.


Trátase, indican, da cantidade máis elevada dende o inicio destas estimacións para xerar datos ao redor dunha problemática que cada vez supón un maior coste público para as institucións locais, provinciais e a Xunta”.


As dúas entidades advirten do “descontrol coas transaccións a través de coñecidas redes sociais ou de páxinas web de compravenda”, que están fomentando “o mantemento dunha bolsa de animais sen identificar” que acabaría alimentando o elevado número de abandono de animais tras distintas datas sinaladas, “ademais da venda e intercambio de determinadas razas caninas que en mans inadecuadas supoñen un problema engadido.


Ante a situación, os animalistas calcuaron que se a Xunta sancionase tan só o 30% dos abandonos do pasado exercicio, “recaudarían un mínimo de 2,8 millóns de euros e un máximo, aplicando a sanción máis elevada, de 28 millóns”.


Por este motivo, lamentaron a falta de expendientes e de posteriores multas que atribúen “á falta de compromiso do gobernó da comunidade na que os animalistas suxiren que existe “impunidade do 99,9% dos casos”.

relacionada ​"6 explosións diarias" na mina de Touro deixarían "unha paisaxe propia de Marte"
relacionada ‘Libera’ mantén a súa loita para evitar o uso de animais nos circos galegos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress