Telefónica, obrigada a xestionar as cabinas e a guía un ano máis

|

Cabina telefonica


O Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital designou a Telefónica como operador encargado da prestación dos servizos universais relativos á oferta de cabinas e a elaboración e entrega de guías telefónicas durante un ano máis.


O Boletín Oficial de Estado (BOE) publica este martes senllas ordes nas que estende a duración da designación de Telefónica de España como operador encargado de seguir prestando estes servizos ata o 31 de decembro de 2018.


O Goberno obrigou a Telefónica hai un ano a facerse cargo das cabinas e a guía telefónica desde o 1 de xaneiro de 2017 ata o 31 de decembro, despois de que o concurso quedase deserto pola ausencia de participantes.


O Ministerio explicaba entón que a prórroga nun ano da obrigación a Telefónica de facerse cargo das xestión das cabinas e a guía telefónica dependería de se ambos os servizos seguen considerándose un servizo universal ou esta cualificación é suprimida ou modificada pola normativa nacional ou comunitaria aprobada en materia de comunicacións electrónicas.


Neste sentido, o BOE recolle este martes que "non suprimíndose nin modificándose, pola normativa nacional nin comunitaria, o alcance do elemento do servizo universal de telecomunicacións", relativo a ambos os servizos "considérase necesario estender, ata o 31 de decembro de 2018, a designación de Telefónica de España" como empresa encargada da súa prestación.


Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición ante o Ministro de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE ou ben poderá ser impugnada directamente ante a Sala do contencioso-administrativo da Audiencia Nacional no prazo de dous meses.


relacionada Un convenio con Telefónica pon en marcha outra edición do Galicia Open Future
relacionada Telefónica continúa renovando a dirección das súas filiais con Venezuela e Perú

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress