Ryanair aplica desde este luns a súa nova política de equipaxes

|

Equipaxe maletas


Ryanair aplicará desde este luns, 15 de xaneiro, a súa nova política de equipaxes coa que lles permitirá subir dous vultos a bordo só aos pasaxeiros de 'embarque prioritario', cun custo de cinco ou seis euros, que se poderá adquirir desde esa data ata 30 minutos antes da hora da saída do voos desde a súa aplicación.


Desta forma unicamente os pasaxeiros con 'embarque prioritario' poderán subir dous vultos á cabina. O 'embarque prioritario' pódese adquirir á hora facer a reserva, ou engadilo máis tarde por seis euros ata unha hora antes do horario previsto de despegamento.


A 'baixo custo' irlandesa xustifica esta medida na necesidade de acelerar o embarque dos voos e reducir os atrasos, instalou novos sinais e medidores na porta de embarque nos aeroportos onde opera.


Aqueles que viaxen sen 'embarque prioritario' só poderán subir o vulto de man máis pequeno á cabina, mentres que a maleta de cabina (máis grande) baixarase á adega, sen custo adicional, na porta de embarque.


A compañía lembra que a súa nova política para equipaxe facturada ofrece unha redución das taxas de facturación (de 35 euros a 25 euros) e un incremento do 33% no tamaño de equipaxe permitida (de 15 quilogramos a 20 quilogramos).


relacionada Ryanair, a aeroliña que máis cobra por corrixir erros nos billetes de avión
relacionada Case todas as cancelacións de Ryanair en Galicia afecta á ruta Santiago-Madrid

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress