Beiras repróchalle a Podemos dar "bandazos" en función das enquisas electorais

|

Beiras papeis



O fundador de Anova e dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras advertiu a Podemos que a "esquerda emerxente" pola que a cidadanía "apostou e votou esperanzada" --tamén no caso de En Marea-- pode acabar en "mal porto" se Podemos "se preocupa da demoscopia e de como os seus posicionamentos impactan no electorado español".


Tras a intención de Izquierda Unida de demandar máis peso na alianza estatal argumentando un "desgaste" por parte de Podemos, Beiras sinalou que se trata de "cuestións internas" do espazo político que representa Unidos Podemos. Con motivo da súa estancia en Pontevedra no marco dunha conferencia organizada por Anova a última hora do venres, avisou que "mal servizo fan se se enredasen en se lle corresponde máis ou menos a uns e a outros", o que afectaría tanto a ambas as formacións como ás confluencias xurdidas en Galicia e Cataluña.


No caso de Galicia, "hai que ver en que medida se consolida En Marea como alternativa de unidade popular", precisou o fundador de Anova en declaracións a Europa Press. Xosé Manuel Beiras instou a respectar os documentos fundacionais do partido instrumental e da coalición creada para as eleccións de 2015 porque, en caso encontrario "estase formalmente dentro de En Marea pero en realidade estase fóra".


Tamén fixo un chamamento para "traballar coa visión posta no norte, como os mariñeiros", atribuíndo os "bandazos" ao "vento en contra", o que obrigaría a variar o rumbo para alcanzar o obxectivo. En cambio, "sería un desastre para a cidadanía se non se ten en conta o norte e se perde nas guiñadas", prognosticou.


"Non se pode estar nunha organización que é un partido instrumental", indicou, referíndose a En Marea, "cunha concepción onde o protagonismo é dos cidadáns e non das forzas políticas, e ao mesmo tempo dicir que se quere estar fóra ou ir pola súa conta", recalcou Xosé Manuel Beiras, argumentando que "sería unha fraude ao proxecto de En Marea e aos cidadáns", concluíu.


Estas declaracións do histórico dirixente nacionalista coinciden coa celebración este sábado do Consello Cidadán Estatal de Podemos, na que Pablo Iglesias prevé presentar a súa estratexia para 2018.


relacionada ​Villares quere manter a Podemos e IU nas mareas locais para as eleccións
relacionada Beiras: "España converteuse nun manicomio rexido por sádicos e saqueadores"
relacionada Beiras sitúase do lado dos críticos de Villares de cara ao conclave

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress