Barreras asina este mes o contrato dun ferry e agarda dous máis

|

Barreiras quilla cruceiro

A quilla do cruceiro de luxo.

O presidente do estaleiro vigués Fillos de J. Barreras, José García Costas, avanzou que este mesmo mes de xaneiro asinará e entrará en vigor un contrato para a construción dun ferry, que, segundo explicou, xa tería que entrar en vigor antes de Nadal pero non puido naquel momento "por circunstancias alleas ao estaleiro".


Así o comunicou este xoves en declaracións aos medios durante a cerimonia de posta de quilla do cruceiro de luxo que está a construír Barreras para The Ritz-Carlton, onde manifestou que con esta compañía tamén hai "opcións reais" de asinar outros dous contratos para a construción de senllos buques.


Segundo dixo, no seu momento acordouse a opción de que a empresa encargue a construción dos outros barcos a un prezo pactado, pero para iso é necesario que o encargue nun tempo estipulado. Así, o segundo --que será un buque xemelgo, aínda que con certas modificacións-- "ten que falarse en xuño", e o terceiro antes de finalizar este ano.


García Costas tamén manifestou que o estaleiro actualmente ten 400 traballadores e a cifra "está a crecer", e, neste marco, apuntou que "é fácil pensar que no verán o estaleiro teña entre 1.200 e 1.300 persoas traballando dentro", aos que se sumarán "outros fóra", facendo mobles, cadros eléctricos, e outras pezas.


En relación con iso, advertiu que se presenta "un problema grave de falta de traballadores cualificados", ante o que están "a contemplar a posibilidade de traer foráneos". "Fáltannos soldadores, tubeiros, carpinteiros... cualificados, polo que en dous ou tres meses é fácil que aquí haxa traballando --xente de fóra-- para cubrir as deficiencias", apostilou.


Segundo García Costas, esta cerimonia é "simbólicamente o inicio da construción" do barco e o traballo nel será "a partir de agora máis visible", de feito xa teñen bloques rematados que endosarán desde este mesmo xoves. "Avánzase ao ritmo previsto", asegurou, a colación do que ratificou que espera que a botadura sexa no outono deste ano, aproximadamente en setembro.


relacionada Barreras anuncia a construción dun cruceiro que creará ata 800 empregos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress