​Fontes adaptadas para cans, unha das innovacións dos veciños da Coruña

|

Fonte can corunaNace dos orzamentos participativos. Foto: Concello da Coruña

O Concello da Coruña instalará 16 fontes con bebedores adaptados para cans, unha das propostas gañadoras do proceso de orzamentos participativos, segundo informa a Concellería de Participación.


En total, situaranse 16 unidades, situadas no paseo marítimo, parque de Bens, parque de Santa Margarita e contorna da Torre de Hércules, espazo que, na presentación desta iniciativa, visitou este venres a edil de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso.


En cada unha destas fontes, o goberno local investiu 2.100 euros. Poden ser usadas polas persoas en xeral e tamén aquelas que con diversidade funcional, ademais de dispoñer dun bebedoiro inferior para as mascotas.


relacionada Máis da metade dos fogares elixiron adoptar a súa mascota en lugar de comprala
relacionada A responsabilidade coas mascotas apréndese desde a infancia
relacionada ‘Libera!’ denuncia os abandonos de mascotas regaladas en Nadal

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress