‘Libera!’ denuncia os abandonos de mascotas regaladas en Nadal

|


Perreteabandonado


A Asociación Animalista ‘Libera!’ estima que un 40% dos animais regalados como presente en Nadal en Galicia serán abandonados e pide á Xunta unha "maior implicación" para previr estas situacións.


Os animalistas aseguran que as cifras sobre abandono animal como consecuencia de compras "pouco reflexionadas" ou o emprego de animais como "mero agasallo do Nadal" son alarmantes. "Estas cifras non só falan de cans e gatos, senón tamén de especies de pequeno tamaño, como coellos, hámsteres, cobaias e mesmo hurones". Para tratar de contrarrestar estes datos, ‘Libera’! lembrou que impulsa campañas nas cidades de Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense e traballa cos concellos da Coruña e Santiago en iniciativas informativas para desincentivar a compra de animais como agasallo.


Ademais, a asociación animalista advertiu das consecuencias do comercio ilegal, que incide especialmente nestas datas. Así, sinalou que en dúas semanas trasladaron á Xunta 37 denuncias administrativas de anuncios de potenciais transaccións ou intercambios de todo tipo de animais sen control fiscal e sanitario. Neste punto, lembra que a nova Lei de Benestar Animal, que entrará en vigor o próximo 12 de xaneiro, está chamada a resolver parte destas situacións xa que contempla a prohibición de, entre outras cuestións, exhibir animais en escaparates.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress