​Descobren o primeiro petróglifo de Touro, próximo á ribeira do Ulla

|

PetróglifoImaxe de arquivo dun petróglifo.


O Concello de Touro certificou a localización do primeiro petrógliflo no seu territorio, situado entre as parroquias de Circes e Calvos de Socamiño.


Segundo informou o consistorio, o traballo de investigación na ribeira media do Ulla levou aos técnicos municipais, con apoio da Asociación Cultural Colectivo A Rula, á localización dunha nova mostra de arte rupestre do grupo galaico de "relevante interese pola súa situación, historia, morfoloxía e soporte".


O petróglifo está localizado moi próximo á ruta 'Unindo Camiños polo Ulla, que enlaza a ruta da Fervenza das Hortas-Santa Marta coa desembocadura do río Lañas, na actualidade en trámites de homologación. Na lousa distínguense múltiples 'coviñas', algunhas delas claramente comunicadas entre si.


A nova mostra de arte rupestre sitúase concretamente no Monte da Pena Furada, na beira do chamado Camiño das Chousas, que cruza o monte e enlaza coa estrada que comunica as parroquias de Calvos e Circes. O petróglifo non figura en ningún catálogo e publicación coñecida, e por tanto, tampouco no actual inventario patrimonial que inclúe o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Touro aprobado no ano 2010.


Os gravados distribúense por case toda a superficie dunha pedra de lousa de case dous metros de longo por un metro de ancho situada case a rentes do chan. O petróglifo conta como motivos principais con máis de corenta cazoletas de forma redondeada e ovoide distribuídas por case a totalidade da superficie. As dimensións dos motivos oscilan entre os dous e os 12 centímetros e a súa fondura, entre 1 e 3 centímetros, segundo destaca o informe do colectivo A Rula.


relacionada Piden a inclusión dun novo petróglifo en Cervo no catálogo de xacementos arqueolóxicos
relacionada Quedan á vista novos petróglifos en Oia grazas a uns traballos de limpeza
relacionada A falta de conservación ameaza os petróglifos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress